As Ligas Femininas van collendo forma

Presentaba onte a Real Federación Galega de Fútbol a posible composición dos grupos da 2ª e 3ª Div. femininas. Este comezo de curso, o baile de equipos, e as dúbidas de moitos equipos para saber se saían ou non a competir provocaron que esteamos a estas alturas sen plan competicional.
En principio, a 2ª Div. estaría perfilada, e os nosos equipos (Cee, Dumbría, Muxía, Esteirana, Corme e Bergantiños B, unha vez que o Ponteceso renunciou e deixou paso ao filial carballés) competirían no Grupo A, cos da Coruña, pero tamén con Ferrol e dous equipos de Lugo como o San Lázaro e o Friol B. Serán 16 equipos e terán que comezar en setembro.

A 3ª Div., a Liga da Costa FEM, está aínda menos clara. A desaparición do Mazaricos e as dúbidas do Fisterra (esta noite deciden) deixa o Grupo C con 12 equipos pero aínda aberto a cambios ata o venres, que sairá o definitivo.
De primeiras, o Gr. C ten aos Cerqueda, Ponteceso, Cabana, Soneira, EFJC Camariñas, Corcubión, Zas, Dubra, Xallas B, Corcubión, Fisterra, A Baña e Órdenes B, quedando as Miúdas e Outes no Gr. E, pero con posibilidade de que acaben inseridos no grupo costeiro.
En principio, a competición comezará o 5 de outubro e rematará o 17 de maio.
Mañá venres sairemos de dúbidas.