Venres. 23.10.2020
El tiempo

Malpica toma o relevo de Carballo e Dumbría como centro do Fútbol Base

Malpica toma o relevo de Carballo e Dumbría como centro do Fútbol Base
Cun ollo obrigatorio nas Finais da Copa da Costa Infantil e Cadete, A pasada fin de semana Carballo e Dumbría foron protagonistas en materia de fútbol base. Pola capital bergantiñá celebrábanse dous torneos de altura, como son o Torneo das Escolas Luís Calvo, e o Torneo do Sofán. Ademais, por Dumbría celebrouse o Memorial ANdujar, e os Veteranos xa preparan o Torneo de Novas promesas cadetes”. Ademais, a actualidade mira esta fin de semana a Malpica, onde se celebrará a Vidú Cup.

Torneos de Carballo

Torneo de Sofan Imaxe do Torneo do Carral Mágoa o tempo que fixo ao longo da fin de semana que empañou, aínda que só lixeiramente, o rotundo éxito dos dous torneos celebrados en Carballo. No Carral, 18 equipos da zona competiron ante unhas ateigadas bancadas cheas de familiares. O campo, en estado espectacular deixou fermosas xogadas e unha bonita xornada de convivencia entre todos os equipos da comarca. A Seleccion Sub12 no Torneo de Carballo A Selección Sub12 no Torneo de Carballo Nas Eiroas tiña lugar o XIV Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo, que reunía a moitos dos mellores equipos do norte na península. Sporting de Gijón, Real Sociedad, Celta, Depor, Bergan… competiron man a man. Moito ambiente nas bancadas a pesar do tempo. Entre os combinados, estaba a Selección Sub-12 da Costa, que competíu mellor que nas últimas experiencias. Ademais atopábase o club AFA Angola, que deixou da man de Nelinho boa parte dos sorrisos da fin de semana. Un dos máis importantes, o que protagonizaron con QPC, que colaborou facendo entrega dunha marea de material deportivo que viaxa xa cara os colectivos menos favorecidos do país africano. https://quepasanacosta.gal/qpcsolidario-unha-marea-de-material-deportivo-do-futbol-da-costa-para-angola/

Memorial Andújar en Dumbría

O Conco acollía o VII Memorial Andujar, a cita anual que serve para lembrar a un dos fundadores do club. En Prebenxamín o campión foi o UC Cee, en Benxamín o Xallas e na categoria Alevín gañador tamén o cadro ceés, pero o importante foi participar.

Prebenxamins do Cee e DumbriaTorneo Memorial Andujar de Dumbria 2018

Torneo de Cadetes de Dumbría

O sábado 23 de xuño, o Conco volverá acoller outra cita de Fútbol base co Torneo de Cadetes "Novas Promesas 2018”, que organizan os Veteranos.

II Malpica Vidú Cup

Este próximo sábado 16 de xuño, os campos de fútbol do Concello de Malpica de Bergantiños farán que este se convirta na capital galego-portuguesa do fútbol Sub-15 coa celebración da segunda edición da Malpica Vidú Cup. O propio consistorio malpicán e a Asociación Deportiva Vidú poñen en marcha a II Malpica Vidú Cup, un torneo de categoría Sub-15, que empeza a consolidarse no panorama futbolístico de verán e no que volverán a participar varios dos equipos máis importantes de Galicia como son o Real Club Deportivo de A Coruña, o Club Deportivo Lugo, o Pontevedra Club de Fútbol ou o Bergantiños CF, ademáis de dúas seleccións comarcais como son a Selección Coruñesa e a Selección da Costa da Morte, esta última exercerá de equipo anfitrión, e dous clubes portugueses de renome como o Vitória Sport Clube de Guimarães e o Grupo Desportivo Chaves.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-finais-da-copa-da-costa-cadete-e-infantil/ https://quepasanacosta.gal/qpcsolidario-unha-marea-de-material-deportivo-do-futbol-da-costa-para-angola/ https://quepasanacosta.gal/medio-millar-de-deportistas-disfrutaron-do-futbol-base-no-torneo-vidu-de-malpica/

comentarios