Domingo. 26.09.2021
El tiempo

A Xornada: O Mazaricos sentenza media Liga e o Fisterra non pode asaltar o liderato

O Corme non pasou do empate ante o Zas
O Corme non pasou do empate ante o Zas e queda a 5 puntos do liderado da Liga da Costa
A Xornada: O Mazaricos sentenza media Liga e o Fisterra non pode asaltar o liderato

Tremenda xornada a vivida esta primeira fin de semana. O carrusel de www.futboldacosta.com volveu botar fume nunha xornada que pode deixar medio decidida a Liga da Costa. O Mazaricos non fallaba en Arliña, mentres que o Corme deixaba marchar dous puntos no choque ante un necesitado Zas. Agora son 5 os puntos de diferencia entre ambos a falta de 3 xornadas.

Ademais, o Fisterra, acompañado por unha afección sen comparación no fútbol modesto galego, non puido asaltar o Lino Balado de Sigüeiro, e non pasou do empate sen goles, a pesar de protestar unha posible penalti nos últimos minutos que non viu o colexiado. Os de Ángel López mantéñense a 2 puntos do propio líder, pero o Flavia, que goleou ao Baio no Platas Reinoso botando definitivamente aos baieses da pelexa, colócase entre Sigüeiro e Fisterra, nesa codiciada praza de promoción.

Tamén na 1ª, importantísima vitoria da Esteirana onte en Piloño quedando mesmo ao fío dos temidos arrastres, que a día de hoxe serían 2 nesta 1ª.

Volvendo á Liga da Costa, un dos partidos fundamentais quedou suspendido. O Eleuterio Balayo, que necesita cambiar o seu céspede como fixo estas semanas o campo de San Andrés, estaba totalmente anegado, provocando que o Muros-Lira se tivese que aprazar. Veremos agora cando o pon a FGF.
Nesa zona baixa, o Montelouro non pasaba do empate ante o Cerqueda e practicamente di adeus ás súas posibilidades de permanencia. Son 5 puntos por debaixo dun Cee que tamén sumou un empate ante o San Lorenzo, e que a día de hoxe non sufriría o arrastre.

Promoción á Liga da Costa

Adiantábanse os dous equipos camariñáns no comezo destas semis da Fase de Ascenso á 2ª (que podedes seguir en www.copadacosta.com), e parecía que podería haber derbi na final. Pero nada máis lonxe da realidade. O Castriz remontaba en Camariñas e se coloca 1-3 mentres o Outes facía o propio e remataba 2-1 ante o Porteño.

Dous títulos

A xornada deparou ademais os títulos de Veteranos para Zas e tamén para o Mazaricos en 1ª División e o título do Concello de Zas na Liga Cadete. Títulos que demostran que cada gol vale.

Novas relacionadas

comentarios