Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Medio millar de deportistas disfrutaron do fútbol base no Torneo Vidú de Malpica

Medio millar de deportistas disfrutaron do fútbol base no Torneo Vidú de Malpica
Dumbria campion alevin do Torneo Vidu de Malpica-Foto-Criss Becerra O Dumbría quedou campión alevín do Torneo Vidú de Malpica-Foto-Criss Becerra

Fermosa festa do fútbol base a que viviu esta pasada Semana Santa o Campo de Xaviña (Buño). A hiperactiva Asociación Vidú organizaba a cuarta edición do Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica, con case medio milar de nenos como protagonista que atraeron a varios milleiros de familiares e afeccionados.

E iso que o tempo non axudou, pero non impediu que se disputasen todas as categorías. Destacou iso si, a aposta polo fútbol feminino, coa presencia de 3 equipos femininos do Victoria que competiron man a man cos resto de equipos. Cómpre destacar a primeira vitoria dun equipo formado na súa totalidade por nenas, e foron as “cebras” da categoría Alevín as que vencían 0-1 ao Buño, e case se meten na fase final.

Resultados

En Prebenxamíns venceron os rapaces do Luís Calvo na final ante o Silva.

En Benxamíns, as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz acadaría o título de campión despois de vencer con contundencia a un Imperátor OAR que deu a cara en todo momento a pesar de contar co plantel máis novo da categoría, sendo un dos grandes atractivos da competición.

En Alevín, Luís Calvo e Dumbría disputaron un encontro fermoso que fixo as delicias dos espectadores, e que se decidiu cun solitario gol a favor dos dumbrieses.

Por último, na categoría infantil, o Laracha venceu a un gran Cabana.

En categorías individuais os premiados foron os seguintes:

  • Categoría prebenxamín: Iago Rey das Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz foi o mellor xogador do torneo; e Eloy Lavandeira da SD Sofán, mellor porteiro.
  • Categoría benxamín: Rubén Trillo do Luis Calvo Sanz foi o mellor xogador do torneo; e Sofía Carregal, mellor porteira.
  • Categoría Alevín: Iago Larrañaga do Dumbría foi o Mellor Xogador; o cabanés Kelyan Faria o mellor porteiro.
  • Categoría infantil: Miguel Blanco do Cabana SD, mellor xogador; e Nicolás García, mellor porteiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios