Mércores. 17.07.2019
El tiempo

Miguel e Diego Mallo, os Premio Pombo do Fútbol da Costa


Alejo e Sebas foron os pichichis das Ligas costeiras
 

Miguel do Mazaricos e Diego Mallo do Coristanco os Premios Pombo do FutboldaCosta
Miguel do Mazaricos e Diego Mallo do Coristanco os Premios Pombo do FutboldaCosta
Miguel e Diego Mallo, os Premio Pombo do Fútbol da Costa

Xa temos feito o reconto dos porteiros menos batidos das Ligas de 2ª e 3ª Galegas do Fútbol da Costa. Uns galardóns que sempre nos serven de homenaxe ao eterno sorriso do porteiro cabanés, entregaremos na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, da que pronto teredes novidades.

As nosas contas fixéronnos mirar 4 dos equipos menos goleados da temporada: Mazaricos, Muxía, Cerqueda e Ponteceso. Por Ponteceso, Damián e Brais compartiron titularidades e non sumaron os partidos suficientes para entrar na baralla polo premio.

Así o Premio Pombo de 2ª Galega 2018/2019 é para Miguel, porteiro do Mazaricos, que xa vencera hai dous anos, con 17 goles encaixados en 25 partidos (0.68 goles de media).
Por detrás quedan Hugo, porteiro do Muxía con 19 goles en 25 partidos (0’76 goles por partido); e Diego Dourado, do Cerqueda, con 31 goles encaixados en 30 partidos xogados (1.03).

Na 3ª non houbo que sacar a calculadora, e Diego Mallo, o porteiro do equipo campión e invicto, o Coristanco, é o indiscutible Premio Pombo á 3ª 2018/2019 ao recibir tan só 15 goles en 24 partidos (0.62).

Alejo e Sebas, os Pichichis

Alejo do Corme e Sebas do Castriz os Pichichis do Futbol da Costa 2018-2019

En canto aos pichichis, xa estaba visto con tempo que o cormelán Alejo ía alzarse co título da 2ª, con 39 goles (7 de penalti) en 28 partidos (1,39 de media). Por detrás situouse o punta do Volantes, Pesco, con 28 goles (4 de penalti) en 30 partidos (0.93).
Boas cifras tamén marcaron Pablo Muíño (Baíñas, 22 goles), Brais Cancela (San Lorenzo, 21), Piki (Mazaricos, 21), ou Alberto (Volantes, 20).

Na 3ª, xa rematada o pasado mes, foi Sebas do recén ascendido Castriz, o pichichi da liga regular, con 35 goles (1.69 de media). Iván Mato (Cabana) con 31 goles (1.40), Djibril (Camariñas) con 25 (1.08) e Samuel (Coristanco) con 20 (1.11) marcaron igualmente unha cifras envexables.

Novas relacionadas

Comentarios