Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Unha milagre salva a 5ª campaña das Miúdas

As Miudas ante o Bandeira-Foto-Bancadas Miudas
Imaxe dun partido do ano pasado das Miúdas ante o Bandeira-Foto-Bancadas Miudas
Unha milagre salva a 5ª campaña das Miúdas

Hai apenas 10 días só unha milagre podía salvar ás Miúdas. E aconteceu. A chamada polas redes das capitanas do equipo conseguiu recuperar un número mínimo para saír a competir un ano máis, e non perder o que é un dos grandes pioneiros do #FutFem.

Xa o ano pasado, o adestrador Juan Carlos tivo apenas 15 xogadoras no plantel. A pesar das baixas conseguiron superar unha temporada complicadísima.

Este ano a cousa, de primeiras, tampouco estará para tirar cohetes, pero si que xuntaron de novo unha quincena de xogadoras, entre as maiores que non emigraron, as Xuvenís e as Infantís, un grupo de rapazas que veñen con moita forza e moita calidade.

O cadro muradán xogará en 2º Galega na que tamén participan outros clubs costeiros: o Cee, o Cerqueda e o recén creado Xallas.

Este ano, ademais, seguro que teñen premio en forma de álbum de cromos… Xa o iremos contando ;-)

Novas relacionadas

comentarios