Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Xallas tamén saca equipo feminino

Xallas feminino
Primeira foto da familia do Xallas Feminino en Fontenla
O Xallas tamén saca equipo feminino

Boas novas para o Fútbol Feminino costeiro. O Xallas F.C. saca esta tempada novo equipo de fútbol feminino. Ás ordes de Rupper e Eloy, coa coordinación de Bruno Doriño, xa son máis de 30 rapazas as implicadas neste proxecto que nace na 2ª Galega.

Unhas novatas, outras chegadas de equipos da zona, ou mesmo de Santiago. Hainas de 12 a 38 anos, pero a resposta sorprendeu aos propios organizadores. Xa están adestrando cunha ilusión tremenda!

Estaremos pendentes do que acontece nas Miúdas, que está mirando esta semana se consegue chicas suficientes para saír, pero o cartel do #FutFem costeiro, que comeza a mediados de outubro, quedaría composto polo Bergantiños na 1ª Galega; os Cee, Cerqueda, Os Miúdos e Xallas na 2ª Galega; e o Mazaricos en F8.

Este ano, ademais, van ter unha sorpresa fantástica que pronto avanceremos.

Novas relacionadas

Comentarios