Os Miúdos e Corme afían lanzas para a gran final Xuvenil

Os Miúdos - Corme. É a gran final que se avecina para esta vindeira fin de semana na Liga Xuvenil. Os dous equipos chegan empatados no alto da táboa, cunha lixeira vantaxe para o cadro muradán, pois ten un partido menos e venceu na ida 0-2 no Cairo. Se vencen os muradáns serán matematicamente campións.
Así queda a loita polo título e por ese segundo posto que irá á fase de Ascenso, despois de que o Cabana se desinflase nas últimas xornadas tras ir dominando a clasificación, e caía no Cairo con rotundidade. Unha derrota que desbanca definitivamente ao cadro cabanés da loita, ao quedar a 6 puntos dos dous rivais.
Os Miúdos non fallaban ante o Ponteceso e suman xa 12 xornadas seguidas gañando.
A Liga Xuvenil ten tamén unha fermosa loita polo pichichi, cun Rubén Lago que se volve colocar como máximo goleador tras marcar 4 goles esta xornada, sumando 63, polos 62 do fisterrán Isaac Fábregas.
Corme - Cabana (4-1)
- Corme: Lucas, Martín Costa, Noel, Aitor, Ángel, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Mauro, Alex Mato, Manu Garrido, Manu Tasende. Tamén: Miguel, Alex Nieto, Samu Costa e Xoel.
- Cabana: Roberto (Manu), Javi, Cristian, David, Dani, Samuel (Collazo), Nando (Pablo), Sergio (Brais), Manuel, Simón e Rubén.
- Goles: 1-0, m.1: Javi Bermúdez; 2-0, m.16: Eloy Villar; 3-0, m.63: Mauro; 4-0, m.89: Mauro; 4-1, m.91: Manu Romero.
O gol inicial de Javi Bermúdez deixou unha vitoria moito máis fácil do que esperaba o Corme. O Cabana non soubo repoñerse e os cormeláns foron superiores en todas as liñas, sobre todo na de creación, pois os cabaneses non foron quen de chegar con perigo á meta de Lucas.
O Corme, pola contra, chegaba e ademais marcaba, deixando practicamente sentenciada a segunda praza, de promoción, e quedando na loita polo título.
Ponteceso - Os Miúdos (1-5)
- Ponteceso: Lukas (Adrián), Adrián, Diego, Martín, Raúl, Musi, Jose, David, Pablo (Roberto), Pop (Borja) e Iván.
- Os Miúdos: Balayo, Flavio, Fran, Pipo, Dani, Abel, Gesto, Jose, Alon, Jesús e Rubén. Tamén xogaron: Isma, Ángel Sanandres, Angeliño e Javi.
- Goles: 1-0, m.5: Pablo; 1-1, m.6: Rubén dende fóra da área; 1-2, m.22: Jose; 1-3, m.30: Rubén; 1-4, m.47: Rubén; 1-5, m.90: Rubén.
Comezou o cadro pontecesán moi enchufado e se adiantaría no marcador tras un balón longo ás costas dunha despistada defensa muradá ben definido por Pablo. Pero sen tempo a dixerilo, o cadro muradán xa empataba por medio do pichichi Rubén. O dominio era visitante, poñéndose por diante no ecuador do primeiro tempo gracias un gol de Jose a pase de Rubén. Con este resultado eles terían unha boa ocasión para empatar pero salvaría Balayo, que xunto a Lukas foron do mellor do partido. E pouco despois facían o terceiro os muradáns.
Ao saír do descanso un bo córner sacado por Flavio e rematado por Rubén practicamente sentenciaba o partido. Xa no desconto, de novo Rubén poñia o quinto.
Máis información
- As táboas en www.futboldacosta.com.
- O Cadro da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas das Ligas Xuvenís
- X.30: Xuvenís: Os Miúdos, máis líder tralos tropezos de Corme e Cabana.
- Os Miúdos e Cabana manteñen o pulso co permiso do Corme.
- O Corme deixa escapar o liderato en Esteiro nun final de cine.
- A Liga, e o ascenso, parece cousa de tres.
- As ligas da Costa xuvenil, cadete e infantil afrontan unha emocionante recta final.
- Xornada 24: Xuvenís: Os Miúdos frea ao Cabana e asalta o liderato.