Luns. 16.09.2019
El tiempo

Xuvenís: Os Miúdos frea ao Cabana e asalta o liderato

Co permiso dun Corme que se aproveita o seu partido de menos pode subir ao máis alto, o cadro muradán dos Miúdos alcanzou o liderato da Liga Xuvenil ao sumar a súa 6ª vitoria consecutiva. Faino despois de vencer ao Cabana no partido da semana, rompendo unha serie de 10 vitorias seguidas dos de Pablo e Fernando. Agora fican empatados a puntos co golaveraxe individual a favor dos muradáns.

Os Miúdos venceu ao Cabana e asalta o liderato
Os Miúdos venceu ao Cabana e asalta o liderato
Xuvenís: Os Miúdos frea ao Cabana e asalta o liderato

Por detrás, o Corme mantense a 2 puntos dos dous líderes, pero con ese partido menos. Os cormeláns protagonizaron unha das goleadas sen historia da xornada, como a do Fisterra en Laxe. Aínda o cadro fisterrán pode chegar a pelexar polas dúas prazas que dan acceso á Fase de Acenso, quedando a 5 puntos dos líderes, e con aínda 10 xornadas por diante.

O Sofán perdeu unha ocasión para meterse de cheo na loita, caendo sorprendentemente ante o Xallas na casa, mentres que a Esteirana non quere dicir adeus e se mantén a 3 partidos.

Os Miúdos - Cabana (3-0)

  • Os Miúdos: Balayo, Ángel, Flavio, Fran, Dani, Abel, Gesto, Jose, Antón, Alon e Rubén. Tamén xogaron: Ismiña, Jesús, Ángel Sanandres, Javi e Pipo.
  • Cabana: Roberto, Veloso (Brais), Sergio (Cristian), David, Dani, Samuel, Nando (López), Castro (Pablo), Manuel, Simón e Rubén.
  • Goles: 1-0, m.3: Dani aproveita un rexeite a unha falta botada por Flavio; 2-0, m.27: Rubén define tras un balón que peitea Jose; 3-0, m.61: Rubén nunha contra.

Superior dende o primeiro minuto o cadro local, que se adiantaba moi pronto e soubo manexar o partido. Non daba aparecido o Cabana das últimas xornadas, e sufría a cada balón que os centrais muradáns colgaban ás costas da súa defensa. En medio campo os locais maniataban aos cabaneses, e arriba Manuel e Rubén estiveron moi ben controlados. De feito, o porteiro Roberto foi o mellor do Cabana.

Roberto impediu varias ocasións na primeira metade, e de feito non sería ata os últimos minutos do primeiro tempo cando Rubén amplía a vantaxe.

Na segunda parte o guión era o mesmo, cuns locais que ata fallaron un penalti, pero aínda con media hora para o remate Rubén sentenciaba.

Outes - Camariñas (6-1)

  • Goles: 1-0, m.23: Ramón de penalti; 2-0, m.40: Kevin; 3-0, m.47: Fran Lires; 4-0, m.66: Ryan; 5-0, m.78: Ryan; 5-1, m.85: ; 6-1, m.88: Fran Lires.

Quinta vitoria consecutiva para os pupilos de Fernando, que parece que se puxeron as pilas algo tarde para meterse na pelexa cos de arriba. Aínda así o Camariñas aguantou a primeira metade, e puxo en apretos ao cadro da Serra. Na segunda, cos cambios, mellorou o equipo local e sentenciou.

Sofán - Xallas (0-5)

Sofan Xuvneil no Carral

  • Sofán: Christian (Iván, m.69). Fabian (Gaby, m.45), Docampo (Esteban, m.45), Nacho, Adrián, Eloy (Dani, m.68), Aarón, Montero, Cuadrado (Cristian Novi, m.65), Diego e Simón.
  • Xallas: Agra; Nando, Caamaño, Héitor, Víctor, Peke, Grille, Pablo, Mou, Amarelle, Calo. Tamén: Brais Espasandín e García.
  • Goles: 0-1, m.1: Nando; 0-2, m.20: Grille a pase de Calo; 0-3, m.70: Fabián; 0-4, m.71: Fabián Amarelle; 0-5, m.m.92: Nando.

Xallas Xuvenil no Carral

A sorpresa da xornada douse no Carral. Un partido no que os locais non apareceron, con claro dominio xalleiro. De feito, xa se adiantaría no marcador no minuto 1 de partido a través dun balón ás costas da defensa local que definía Nando. No minuto 20 gran xogada individual de Calo que lle brinda a Grille o seu primeiro gol no actual campionato.

O Xallas dominaba e imprimía profundidade polas bandas, sobre todo co desborde de Nando pola banda esquerda, autor de dous goles. Ademais, estaban seguros atrás ante un frío cadro local, e pouco foron materializando as ocasións ata asinar unha inesperada goleada.

Ponteceso - San Lorenzo (4-3)

  • Ponteceso: Adrián, Adrián, Diego, Martín, Pablo; Musi, Borja (Diego Pereira) (Roberto), David (Marco), Jose, Pop (Lukas) e Isaac (Carlos).
  • San Lorenzo: Iago, Brais, Esteban, Fidi, Iván, Pablo, Edu, Rubén, Fran, Ures e Castro.
  • Goles: 0-1, m.28: Fran: 0-2, m.34: Fran; 1-2, m.50: Pose; 2-2, m.53: Jose; 3-2, m.73: Jose; 3-3, m.83: Ures; 4-3, m.89: Carlos Márquez.

Partido de ida e volta, con alternativas no xogo e no marcador. Comezába o San Lorenzo mandando, con chegadas por banda esquerda nos pés de Iván. Tras dúas delas chegaría o balón a Fran que non falla e fai os dous primeiros tantos na primeira media hora.

A partir de aí, comezaba a virse arriba o Ponteceso e tras un córner, habería unhas mans na área que lle permitían recurtar e darlle a volta á dinámica do partido.

Á volta de vestiarios, xa co Ponteceso mandando sobre o campo, Diego empataba tras zafarse de dous defensas e tirar dende fóra da área. O terceiro poñíano tras unha gran contra, que acaba cun centro lateral rematado baixo paos a queimarroupa, completando media hora de gran xogo.

Pero o San Lorenzo tampouco se rendía e n máis corazón que futbol empurraba. Sería Ures o que lograse o empate tras un fermoso lanzamento lonxano.

Pero foi efímero, xa que de novo nunha contra o dianteiro local Carlos, superaba á marca en velocidade e poñía un balón ó segundo pao empurrado na mesma liña, conseguindo unha vitoria que necesitaban como auga de maio os de Brais.

O peor para os de Juni, as lesións de Fran cara ó final e Castro no primeiro minuto, que se perderan varios partidos.

En todo caso, xusto vencedor o Ponteceso, que puido marcar algún mais cun balón ó pao e un par de mans a mans errados.

Zas - Esteirana (1-3)

  • Zas: Pereiras, Madelin, Rojo (Xabi), Juan, Mateo, Fariña, Raúl, Darío, Pablo, Unai (Roi) e Tomé.
  • Esteirana: Curriño(p), Rodrigo, Kevin, Chaki, David, Juan, Álex de Dina, Fari, Toni, Xián e Carajillo.
  • Goles: 0-1, m.26: Carajillo; 1-1, m.60: Raúl; 1-2, m.72: Carajillo; 1-3, m.84: Robi.

Partido moi entretido e disputado, con dominio da Esteirana na súa primeira metade, na que se adianto no marcador e tivo varias ocasións máis, abortadas pola meta local, chegándose o descanso coa mínima vantaxe dos azulgrana.

Tras o descanso, empataría o Sporting, que estivo mellor sobre o terreo de xogo, pero o 1-2 visitante, nun erro da defensa local, terminou por decantar o duelo para a Esteirana, que ao final poría terra por medio co seu terceiro e definitivo tanto. Puido marcar máis goles o cadro esteirán, despois de ter pasado apuros en algún momento do partido.

Comentarios