Venres. 19.04.2024
El tiempo

A muller incorpórase ao Fútbol Veteranos

A porteira Julia antiga xogadora das Miudas
Imaxe de arquivo na que sae a porteira Julia, ex xogadora das Miúdas e do Noia, disputando as ligas femininas durante moitos anos
A muller incorpórase ao Fútbol Veteranos

Anuncia hoxe a RFGF unha medida pioneira en España. Con algún problema aínda na tramitación oficial da ficha, Sara Giráldez convertirase na primeira xogadora das Ligas Federadas de Veteranos de todo o estado. A xogadora pontevedresa consegue convertir en mixtas as competicións de Veteran@s.

Se ben ningún club do Fútbol da Costa ten realizado unha petición oficial á Federación, dende o ente federativo si que recoñecen que algún si preguntou a nivel individual. Veremos se pronto temos algunha xogadora maior de 30 anos na nosas categorías de Div. Honra ou 1ª.

Novas do FutFem

Comentarios