O campión da Copa da Costa de Veteranos fica á espera dunha reclamación por posible aliñación indebida
10:53 11/07/18
Porteño e Club do Mar na final dos Veteranos
Acollía o campo do Carral este pasado domingo, a gran festa do fútbol de Veteranos da Costa. A final da Copa combínase cun partido cheo de calidade entre os combinados da 1ª e 2ª División, con xogadores enviados polos propios clubs.
Pero o foco de atención máis claro é a final copeira, que este 2018 disputaban Club do Mar e Porteño. Foi un choque emocionante que remataba cun apretado 3-2 para os caioneses, que celebraron o título no campo.
Pero o partido non rematou nos 90 minutos. Continúa aberto “nos despachos” despois de que o Porteño presentase unha reclamación ao Comité da Asociación de Clubs de Veteranos da Costa por unha posible aliñación indebida do Club do Mar.
O club vermello considera que na acta do partido non aparecen dous xogadores que si disputarían o encontro (Alejandro Moledo e Adrián Cernadas). Ademais denuncian que outro xogador (Matías Fernando Torales) tería xogado coa ficha doutro compañeiro, e que Jose María Soto foi inscrito no partido a pesar de ter sido dado de baixa ao longo da tempada noutra categoría.
Os xogadores implicados na posible aliñación indebida son o cuarto pola dereita da fila de arriba e segundo pola esquerda da fila de abaixo
Na pasada noite de martes, o Comité estudiou a reclamación, e trasladoulla ao Club do Mar que terá dous días de prazo para presentar alegacións.
Deste xeito, o fútbol veterano terá que agardar uns días para confirmat o Campión da Copa da Costa 2018.
Ademais, o Comité tamén acordou que o venres 20 de xullo, ás 21:30 celebrarase Asamblea Xeral de Delegados.
Ao longo da semana saberemos se esta foto, co Club do Mar celebrando o título de Campión de Copa da Costa de Veteranos, segue a ser a oficial