Luns. 22.04.2019
El tiempo

O Fútbol Feminino, a gran novidade da V Gala do Fútbol da Costa - QPC

O Fútbol Feminino, a gran novidade da V Gala do Fútbol da Costa - QPC
Futbol Feminino na V Gala do Futbol da Costa QPC copia O Futbol Feminino estará presente na V Gala do Fútbol da Costa QPC

Unha das novidades máis interesantes da V Gala do Fútbol da Costa - QPC, que se desenvolverá o vindeiro venres 22 de xuño en Santa Comba, será a presencia dos equipos costeiros do fútbol e do fútbol sala feminino.

I é que este foi un ano histórico para o deporte feminino costeiro, coa chegada dos Miúdos na 2ª División Feminina, acompañando ao traballo que leva facendo o Bergantiños nos dous últimos anos.

E a realidade é que a Costa da Morte é potencia en materia de Fútbol Sala Feminino. Que dicir do Fisober, ata esta temporada competindo en 2ª División Nacional. Ou do FSF Villa de Cee, que mantén categoría autonómica. Ou do novo Amarelle Santa Comba, ou do Concello de Ponteceso FSF ou do Atletes de Esteiro.

A través dunha votación aberta, os propios membros do Fútbol da Costa escollerán ao Mellor Club de Fútbol e Fútbol Sala Feminino da Costa.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/santa-comba-acollera-a-v-gala-do-futbol-da-costa-qpc/

Fonte

Comentarios