venres. 12.06.2026
El tiempo

A Gala do Fútbol da Costa-QPC vivirá unha nova xornada de emocións e identidade

Balons da Oleria de Buno das Galas do Futbol da Costa.Foto- Adan
Os Balóns da Olería de Buño buscan fogar
A Gala do Fútbol da Costa-QPC vivirá unha nova xornada de emocións e identidade

Chegou o gran día. Esta tarde de venres, ás 20:30h, o Centro Cultural e Xuvenil de Muros acollerá a XI Gala do Fútbol da Costa-QPC. O peche a un curso cheo de emocións que refrenda a identidade de toda unha comarca forxada a través do deporte.

Dende que en 2014 celebráramos en Dumbría a primeira edición destas galas, levamos entregados centos de Balóns da Olería de Buño (outro símbolo da nosa identidade), un tesouro xa cobizado para directivas, xogador@s e árbitr@s de toda a comarca, demostrando que o noso Fútbol da Costa ten unha personalidade distinta que o do resto do país, do estado, do mundo. Porque onde se ve unha Gala de premios ou un álbum de cromos, dunha Liga comarcal?

Na Costa da Morte!

Unha cita solidaria

Lembramos que a cita servirá para recoller cartos para que a ONG Egueire constrúa un comedor escolar en Ebouno, unha pequena vila costeira do sur de Costa de Marfil. 

Para iso venderemos rifas para entrar no sorte dunha vintena de camisetas dos nosos clubs.

Os finalistas

Damos un repaso aos finalistas dos premios, escollidos por máis de 110 votos de responsables dos nosos 54 equipos do fútbol costeiro (38 masculinos en 4 categorías +16 femininos en 3 categorías), ademais de varios xornalistas de varios medios especializados da comarca, escolleron cos seus votos estes candidatos:

Ademais, os e as Pichichis e os e as Pombos recibirán os seus balóns.

Os patrocinadores

Gracias aos patrocinadores que fan isto posible:

Cartel Gala PREMIOS FUTBOL DA COSTA_2026

REPASO DAS GALAS

Comentarios