O FútFem costeiro demostra o seu potencial cunha ateigada homenaxe ás Pioneiras da Esteirana


Nova demostración do potencia do FutFem na Costa da Morte. Este pasado sábado, o Xosé Luis Vara acollía unha fermosa homenaxe ás pioneiras fo fútbol feminino hai xa varias décadas da Esteirana. Foi unha emocionante cita deportiva, cun campo ateigado con 400 persoas, e un céspede no que 40 rapazas demostraron a nosa calidade.
Selección da Costa - As Miúdas (7-0)
- Selección da Costa: Lucía Couñago, Daniela Rama, Elena Vázquez, Sarai Muíños, Ana Bugallo, Ana Fuentes, Laura Caamaño, Carla Saborido, Iria Gundín, Noelia Amarelle e Marta Calvo. Tamén xogaron: Lucía Rodríguez, Tatiana Túñez, Laura Seoane, Isa Bravo, Lore Suárez, Carla Pose, Carla Varela e Paula Veiga.
- As Miúdas: Yaiza, Gala, Paula, María de Pastora, Martina, Laura, Noe, Bárbara, Leti, Iria, Sandra, Marta, María Dosil, Pati, Natalia, Adriana, Mariña, Ana, Saray e María.
- Goles: 1-0 m.31: Marta; 2-0 m.33: Iria; 3-0 m.34: Carla Saborido; 4-0 m.58: Paula; 5-0 m.62: Isa; 6-0 m.73: Paula; 7-0 m.83: Ana Fuentes.

Antes de comezar, Ana Rodríguez (porteira corcubionesa do Valencia que se lesionou no adestramento do pasado mércores) recibiu unha camisola da man do seleccionador costeiro David Castro e fixo o saque de honra.
O choque comezou igualado pero a Selección pronto se foi facendo co dominio, ante unhas Miúdas nas que Fran Figueroa tiña moitas baixas, e mesmo fixo debutar a 5 nenas (María (alevín de primeiro ano), Saray, Mariña, Ana e Adriana), que veñen entrenando dende hai varios meses. Porén tardaron media hora en abrir a lata, e en apenas 3 minutos o partido xa se colocaba 3-0 para ir ao descanso.
Unha das sensacións da tarde foi Paula Veiga, a malpicana tiña maxia en cada balón que tocaba levantando ovacións cada vez que interviña no xogo, un valor a ter moi en conta a curto prazo coa calidade que atesoura con tan so 12 anos. E como non, Laura Caamaño que realizou un encontro moi serio e chegou a vestir a “rossinejra” nos 10 minutos finales cumplindo unha ilusión de hai tempo.