Domingo. 17.11.2019
El tiempo

Os equipos da 3ª Galicia, por primeira vez no Álbum da Costa

Os equipos da 3ª Galicia, por primeira vez no Álbum da Costa
Cromo de equipo do CD Nanton no Album da Costa Cromo de equipo do CD Nanton no Album da Costa Entre as novidades deste novo Álbum de Cromos do Fútbol da Costa, destacamos a presencia do fútbol feminino, do colectivo arbitral e das Seleccións de Fútbol Base. Pero hai sobre todas unha fundamental, a presencia dos equipos da 3ª Galicia. Non puideran estar no Ábum da 2013/2014 por motivos de espazo, pero este ano, a publicación vai ser unha auténtica enciclopedia do Fútbol costeiro, e inclúe a presencia das familias das fotos de equipo e dos xogadores dos Porteño, Nantón, Seaia, Cabana, Camelle, Laxe, Castriz, Outes, As Baleas, Coristanco, Corcubión, Castrelo, e Camariñas. Moitos deles non saíran na primeira edición, pero si o farán nesta segunda. Así, esperamos que moitos siareiros da nosa 3ª poidan achegarse a comprar os primeiros cromos este venres a partir das 20:30h na Gala de presentación do Álbum, que se celebará na Casa da Cultura de VImianzo, que contará coa presencia Augusto César Lendoiro.  

Todas as Novas do Álbum da Costa

https://quepasanacosta.gal/lendoiro-os-de-panini-deberian-copiar-o-album-da-costa-e-lembrarse-dos-indispensables-arbitros/ https://quepasanacosta.gal/xa-esta-aqui-a-gala-de-presentacion-do-album-de-cromos-do-futbol-da-costa/

Comentarios