![Cromo de equipo do CD Nanton no Album da Costa]()
Cromo de equipo do CD Nanton no Album da Costa
Entre as novidades deste novo
Álbum de Cromos do Fútbol da Costa, destacamos a presencia do fútbol feminino, do colectivo arbitral e das
Seleccións de Fútbol Base. Pero hai sobre todas unha fundamental, a presencia dos equipos da 3ª Galicia.
Non puideran estar no Ábum da 2013/2014 por motivos de espazo, pero este ano, a publicación vai ser unha auténtica enciclopedia do Fútbol costeiro, e inclúe a presencia das familias das fotos de equipo e dos xogadores dos Porteño, Nantón, Seaia, Cabana, Camelle, Laxe, Castriz, Outes, As Baleas, Coristanco, Corcubión, Castrelo, e Camariñas. Moitos deles non saíran na primeira edición, pero si o farán nesta segunda.
Así, esperamos que moitos siareiros da nosa 3ª poidan achegarse a comprar os primeiros cromos este venres a partir das 20:30h na
Gala de presentación do Álbum, que se celebará na Casa da Cultura de VImianzo, que contará coa presencia
Augusto César Lendoiro.
https://quepasanacosta.gal/lendoiro-os-de-panini-deberian-copiar-o-album-da-costa-e-lembrarse-dos-indispensables-arbitros/
https://quepasanacosta.gal/xa-esta-aqui-a-gala-de-presentacion-do-album-de-cromos-do-futbol-da-costa/