Venres. 26.04.2024
El tiempo

Óscar Leis: "Encantaríame seguir traballando polo Fútbol da Costa"

Oscar Leis nas Galas do Futbol da Costa
Oscar Leis ten entregado e recollido moitos balóns de Buño nas Galas QPC
Óscar Leis: "Encantaríame seguir traballando polo Fútbol da Costa"
Hai nomes que practicamente son sinónimos de Fútbol da Costa. Un deles é o de Óscar Leis. Moitas cousas podemos contar dende QPC, como membro intrínseco da nosa familia, pero é o seu traballo en favor do noso fútbol é algo que toda a Costa da Morte o apreza.

Este home de Lariño, historia xa como xogador no sur da comarca (cómpre lembrar retransmisións como aquela do derbu xuvenil muradán do 1992) leva na familia do CF Dumbría dende 2009/2010 (a excepción do a 16/17). Empezou como segundo de Diego Lobelos, pero a partir de aí xa comezou a facer labores de coordinación, e cando marchou José Ventanas quedou ao mando dun dos clubs que mellor traballan na comarca.

Esta semana decidía non continuar e dar un paso a iun lado. “Non é doado atopar un sitio como Dumbría, pero necesitaba tomar un pouco de aire”, recoñece. Falamos con el longo e tendido:

 
  • QPC: Non son moitas as persoas que viven do fútbol na Costa da Morte… Costou moito tomar esta decisión?

Son moitos anos no club, cheguei na tempada 2009/10 e salvo na 16/17 sempre estiven no club, polo tanto síntoa a miña casa futbolisticamente falando, costou pola xente coa que levo tanto xuntos, directiva, adestradores, xogadores e familias, afección, etc… Por todo iso recoñezo que me custou moitísimo pero era unha decision necesaria para min.

 
  • QPC: Cando o tiveches claro, fai uns dias, media tempada?

Ao final da tempada 20/21 xa llo comentei a Cesar Ferrío, pero tanto el como Manolo López me dixeron que o pensara ben, que querían seguir contando comigo e que non me precipitara. Tras unha semana dandolle voltas decidín seguir unha tempada máis, e ao final desta xa o tiña claro, ata o venres que lle comuniquei a miña decisión tratei de facer o meu traballo o mellor posible.

 
  • QPC: Como te atopas agora, aliviado, tranquilo?

A verdade e que si, síntome aliviado, tranquilo e satisfeito de todo o que intentei darlle ao Club nestas tempadas, penso que ese e o mellor síntoma de que a decisión foi a correcta.

 
  • QPC: Moitos chamadas e mensaxes para preguntar pola túa saída de Dumbría ao longo do día de hoxe, seguro, verdade?

Bastantes máis das que podía imaxinar!!! Ao final o mundo do fútbol o que nos deixa son as amizades e a verdade e que estou sorprendidisimo da cantidade de xente que se acordou de min estes días, algo que agradezco moito.

 
  • QPC: Facendo un repaso, cóntasnos cal foi o mellor e peor momento?

Momentos bos tivemos moitos a verdade: as ligas na base, copas, ascensos a galega e honor… todos teñen o seu recordo, pero quizas por ser o máis recente e polo que custou nunha tempada tan dura foi a salvación do equipo xuvenil en Ferrol ante o Racing a tempada pasada, tras o pitido final ver os rapaces abrazarse a Marcos e ver que disfrutaban tanto despois dunha temporada tan esixente foi un momento moi bonito e emotivo.

Dentro dos peores momentos pois tamen deportivamente cando non fomos quen de lograr algún dos obxectivos, pero sin dúbida algunha das lesións dos xogadores. E sobre todo o susto que tivemos con Fabian practicamente no inicio da miña etapa en Dumbría…

 
  • QPC: O máis facil do teu traballo en Dumbría. E o máis difícil?

O máis fácil é o día a día. O club ten un persoal que sempre está disposto a meter unha man e calquera cometido e iso facilita moito o traballo.
O máis dificil para min foi sempre ver que moita xente non entende que é moi importante para a Costa que os nosos deportistas poidan competir ao máximo nivel, e en moitos casos xa fose por localismos, envexas ou que sexa buscaron dañar a imaxe dun club que só pretende darlle esa oportunidade aos seus deportistas.

 
  • QPC: Como cambiou a perspectiva da xente da Costa para co proxecto do Dumbría en todos estes anos?

Pois penso que cambiou na maioría dos casos de forma positiva. No inicio recibíronse críticas, pero con traballo e normalidade foron mudando practicamente todos o seu pensamento, sempre quedan casos por aí, pero non entender un proxecto que só retende que os nosos/as deportistas compitan o mellor nivel posible a verdad ten pouco sentido. A xente que veu a Dumbría foise decatando de que tiñamos dúas pernas e dous brazos como todo mundo, que moitas das cousas que lle fixeron chegar pois distaba moito do que alí faciamos.

 
  • QPC: Con que te quedas despois de tantos anos?

Quédome coa xente que estes días me mostrou o seu cariño, estou sorprendidísimo. Ao final as amizades que se van facendo tempada tras tempada son o mellor reconocemento.

 
  • QPC: Cres que a situación actual do club (2-3 equipos en Ligas galegas de base, o equipo en 1ª-Preferente) é rozar o seu teito? É viable manter un club da comarca máis arriba?

A día de hoxe nesta esquina do país, ter dúas categorias en Liga Galega, nalgúns momentos estiveron as 3 categorias de fútbol 11 en galega, e durante tantas tempadas consecutivas, a verdade é que ten moito mérito. Non é fácil, os que estivemos aí dentro sabemos perfectamente o que custa, os atrancos que nos topamos polo camiño e a pesar de iso séguese mantendo o nivel- A pandemia tamen fixo mella, pero a pesar de todo o club segue a un nivel bo, non só na base, o primeiro equipo está conformado por un tanto por cento moi alto de xogadores que pasaron polas categorías inferiores e iso para min é moi bonito. Por suposto que é viable manter un club máis arriba, pero para que sexa duradeiro no tempo, as categorías inferiores son fundamentales.

 
O Dumbría manteando a Leis en 2014. Foto: Jparri
  • QPC: Que lle recomendarías ao teu sucesor ou sucerosa, si o hai claro??

Non creo que deba recomendarlle nada a ninguén, non me vexo con esa potestade. Só desexarlle toda a sorte do mundo e que poida darlle un impulso ao club para seguir crecendo.

 
  • QPC: Defineme en una sola palabra a:

Pequeno: Xenio.
- Ferrio: Traballo
- Serguei: Implicación
- Manolo López: Alma.

 
  • QPC: Como cambiou o fútbol da Costa nos anos que levas no Conco?

Penso que cambiou un pouco como vai cambiando a sociedade, adaptándose aos tempos que corren, penso que cada vez hai máis clubs moito mellor organizados que cando empezamos a nosa andaina polo Conco, e froito diso é que cada vez máis xente de fóra sinte envexa do noso fútbol. Só ver a repercusión que ten deixa claro que se mellorou. Cando nos empezamos a xogar fases de ascensos nas categorías inferiores escoitabas os rivais das grandes cidades dicir que oxalá lle tocara na fase de ascenso o rival da Costa, nos tiñan polo máis débil; a día de hoxe xa ninguén pensa que poida vir a xogar con un equipo da Costa unha fase e pasearse, iso é o mellor exemplo de que imos medrando.

 
  • QPC: Cres que a xente da Costa valora o teu empeño por facer mellor o noso Fútbol, dende o Dumbría, dende a RFGF, dende QPC…?

Non sei si o valoran ou non, eu o que fago o fago polo noso fútbol, non porque o valoren mellor ou peor. Os datos estan aí, síntome orgulloso de ver o Dumbría nas categorías onde está, pelexando con equipos de poblacions moito máis grandes que a nosa, codearse con equipos de cidades importantes que cando chegan o Conco alucinan coas instalacións, por exemplo. Vin ao Dumbría ascender a División de honor cadete ante o Deportivo, facer sufrir ao Celta na Madroa, salvar a categoria ante o Racing de Ferrol etc..

Tamén me sinto moi orgulloso do traballo que se fixo nas Seleccións da Costa, pasamos de ser comparsas lograr derrotar a Lugo ou Ourense por exemplo, competíndolle de tu a tu a todos eles. É un orgullo moi grande e ás veces non se valora como se merece.

No tocante a RFGF xa é máis complicado, vivimos un momento que como se che ocurra ter unha opinión diferente xa quedas marcado e iso non é bo nin para eles nin para os que temos ganas de traballar polo noso fútbol.

Dende QPC sempre recibín un trato espectacular e dende logo todas as iniciativas que sacades adiante son beneficiosas para a Costa e os seus deportes, oxalá sigades nesa liña de vertebrar sempre.

 
  • QPC: Mágoa que non saíse adiante un proxecto tan fermoso como QPCtv, verdade? Cal cres que foron as causas?

A verdade que o proxecto de QPCTV era unha pasada, fermosisimo. A min fixome disfrutar do Fútbol da Costa desde outra perspectiva e teño que recoñecer que o disfrutei moitísimo. Foi unha pena que non se mantivese no tempo porque era algo moi positivo para o noso deporte e para nosa comarca, levar o noso deporte e a nosa comarca a calquer punto do planeta e VERTEBRAR a un nivel superior.
Evidentemente cando algo no perdura no tempo e porque faltaron cousas por pulir pero penso que poden ser salvables a medio plazo, a xente igual non foi consciente de que era un proxecto de todos e para todos.

 
Equipo de locutores en QPCtv en Louro
Óscar Leis con QPCtv en Agra da Filgueira
  • QPC: E agora que?

Pois agora descansar, desconectar, disfrutar da familia. No meu caso non é só deixar un club, tamén deixo o aspecto laboral xa que era a miña ocupación laboral e polo tanto teño que buscarme a vida. No tocante o futbol GUSTARIAME TRABALLAR POLO FÚTBOL DA COSTA, SERLLE ÚTIL DALGUNHA MANEIRA. Como ben sabes, tanto Alberto Pose como eu temos en mente traballar polo noso fútbol, intentamos facelo da man dos entes que o regulan pero seguimos a esperar unha resposta dous anos despois, se non chega pois teremos que facelo nos pola nosa conta, gañas e ilusion non nos van faltar.

 
  • QPC: Óscar Leis e Diego Lobelos e una parelle máis que recoñecida. Seguirás vinculado a Muxía axudando a Diego?

Diego Lobelo sabe de sobra que onde vaia el se me precisa aí estarei dun xeito ou outro. Agora mesmo xunto con Josema e Luis Romani fan un traballo enorme no Muxía, eu si laboralmente podo seguirei vinculado ao Muxía xa que así mo fixo saber a Directiva, axudareille en todo o que este na miña man.

 
Gala do Futbol da Costa 2022-Diego Lobelos con Oscar Leis
Leis con Lobelos na última Gala

Comentarios