![Os Benxamins do Outes case tiran con Corredoira]()
Os Benxamíns do Outes case tiran con Corredoira
Completo sábado o que se vivíu no Hermanas Patiño. A gran festa do Fútbol Base costeiro acollía o campo camariñán, coas fases finais da Copa da Costa de Fútbol 8 das categorías Alevín, Benxamín e Prebenxamín. Chegaban o
Outes e Camariñas como grandes triunfadores ligueiros, e os 3 equipos (alevíns e benxamíns da Serra e o prebenxamín camariñán) confirmaron o seu potencial, alzándose co título da Copa da Costa e asinando sendos dobletes.
A xornada serviu ademais para facer entrega dos títulos ligueiros aos 5 gañadores, incluídos os da zona norte, que demostraron estar un paso por detrás dos da longa liga Sur.
Ademais, os gañadores das Ligas pensan xa nas Fases Provinciais.
![4 titulos para a familia do Outes de F8]()
4 titulos para a familia do Outes de F8
Alevíns: Doblete do Outes
![Outes e Dumbria protagonizaron unha fermosa loita]()
Outes e Dumbría protagonizaron unha fermosa loita
En Alevíns, o Outes desfacíase dos Miúdos e do Cee con facilidade tanto en cuartos como en Semis. Non o tívo tan doado na final ante o Dumbría, o equipo que precisamente lle disputou o campionato de Liga ata as últimas xornadas. Os dumbrieses sufrían para desfacerse da Esteirana nos Cuartos e tiñan que acodir á quenda dos penaltis para superar ao Cabana nas semis. Na final, un escaso 1-0 dáballe o triunfo aos outienses.
Benxamíns: Doblete do Outes
Practicamente o mesmo camiño superou o Outes B para facerse co título. Primeiro vencía aos Miúdos en cuartos; ao Fisterra en semis, e na final, ese Dumbría que tamén pelexou ata as últimas xornadas polo título ligueiro. Ao final 2-0 para os da Serra e doblete.
![]()
Outes Benxamin
Prebenxamíns: Doblete do Camariñas
![]()
Tamén en Benxamíns os dous equipos que pelexaron polo título se prantaban na final. O Camariñas e o Sofán vencían por idéntico 2-1 a Fisterra e Xallas en semis. Na final, un apretado 2-1 para os anfitrións que podían levantar outro trofeo ante o seu entregado público.
![Camarinas Prebenxamins recibindo o titulo de Liga]()
Prebenxamíns do Camariñas recibindo o trofeo
![Ponteceso co trofeo de Campion da Liga Alevin Norte]()
Ponteceso co trofeo de Campion da Liga Alevin Norte
![Corcubion recibindo o toitulo de campion da Liga Benxamin Norte]()
Corcubion recibindo o toitulo de campion da Liga Benxamin Norte
Fases Provincial
Este vindeiro sábado 19 de maio, os campións ligueiros xogarán a Fase Final, previa á Fase Final Galega.
O Outes Alevín
Outes Benxamín
Camariñas Prebenxamín
Novas relacionadas
Fonte