Venres. 29.03.2024
El tiempo

O pasado xalleiro e pontecesán de Veloso

formación do Xallas no que Veloso aparece agochado segundo pola esquerda copia
Formación do Xallas no que Veloso aparece agachado segundo pola esquerda copia
O pasado xalleiro e pontecesán de Veloso

Hai unhas semanas a comunidade branquiazul ficou conmovida polo morte de pasamento dun dos mellores xogadores da historia do RC Deportivo, Jose Luís Fidalgo “Veloso”. Un dos grandes mitos do noso club, parella de feito do mítico co que acabou formando no Real Madrid e na Selección Española entre finais dos anos 50 e principios dos 60.

O que non se coñece demasiado é o pasado xalleiro do pichichi santiagués. O campión de Europa, xogou no Compostela, no Depor, no Real Madrid… e tamén vestiu a camiseta do Xallas, e a do Ponteceso, como podemos comprobar nestas imaxes. 
Na foto xalleira, que anda ademais por varias casas de Santa Comba, entre elas a do veciño Moncho do Raso, que a cediu para o proxecto de dixitalización histórico que están levando os activos técnicos municipais, vemos un combinado co que o Xallas lle gañou 5-2 o Deportivo no Campo do Carreiro. Aínda que é o Xallas, os xogadores non eran habituais do equipo salvo o porteiro (Manolo Amarelle). De esquerda a dereita de pé Manolo Amarelle, Mayer, Rúa, José ¿Pazos? de Santiago, Iglesias, un de Santiago e o porteiro Joaquin do Compostela. Agochados de esquerda a dereita, José Amancio, Veloso, Pose, Garrincha e Iglesias (irmán do outro Iglesias).

Outra estampa semellante (e debía ser habitual que xogadores de gran calado participasen en  partidos amigables durante o verán) tivo lugar na inauguración do Campo Vello da Trabe, Ponteceso. Era o 22 de xuño de 1969, como recollen os amigos de Mar de Paixón no seu Phottic, e disputouse un amigable entre o Ponteceso SD e o RC Deportivo. Coa camisola local vestiron Luís Suárez (nese momento no Inter de Milán) e Veloso (no Real Madrid), ademais de Pellicer (no Valencia) e outros xogadores.

Ponteceso SD con Luis Suarez e Veloso no 1969 

Novas relacionadas

Comentarios