Periga a participación do Baíñas trala dimisión da súa directiva

A actual directiva do Baíñas, vén de presentar, “por motivos de carácter interno”, a súa dimisión. A directiva presidida por Juan Silva, con Raquel González e Chambón traballando arreo, ten moitos problemas para xuntar xogadores.
Xa o ano pasado, o equipo dirixido por Sanchiño tivo problemas para xuntar convocatorias completas. Así e todo, o club presentaba a Lilo como novo adestrador hai unhas semanas, e cando todo parecía ir ben encarrilado, a marcha de varios efectivos está creando unha situación problemática que se saldou coa saída da directiva.
Así e todo, o club está inscrito para participar na 3ª FUTGAL o curso 26/27, e ten ata o 6 de agosto para darse de baixa sen que esa posible decisión teña consecuencias. Por iso, todos agarden que apareza unha nova directiva cun grupo de xogadores implicados para tomar o rumbo do club vimiancés.