sábado. 18.01.2025
El tiempo

Piden que o Comité arbitral rectifique a sanción á dumbriesa Paula Fandiño

Expulsion de Paula Fandino en Esteiro
Imaxe da expulsión de Paula Fandiño en Esteiro
Piden que o Comité arbitral rectifique a sanción á dumbriesa Paula Fandiño

Disputábase o pasado domingo no Xosé Luís Vara o partido da Previa da V Copa da Costa Feminina entre Esteirana e Dumbría. Corría a hora de xogo, xa co choque sentenciado na primeira parte a favor das visitantes, cando o colexiado da Barbanza expulsaba, con vermella directa a Paula Fandiño.

O colexiado sinala na acta que a capitana lle dixera “ti pita, coño”, se ben Fadiño explicaba no banquiño que foi primeiro o colexiado o que lle “faltou ao respecto” dicíndolle “aprende a xogar”.

A cousa foi agravada porque o colexiado deixou sinalada na acta que a propia Fandiño, ao rematar o choque lle berrou “eu non saberei xogar pero ti non sabes pitar”, e “sodes moi homes co pito na boca”, o que provocou que o Comité arbitral sancionase á dumbriesa con 2 partidos, un por este agravante.

Dende o club veñen de presentar alegacións, enfocadas a recurrir esta segunda sanción, unha vez que Paula, no momento de acabar o partido, xa estaba nos vestiarios do pavillón, e non puido ser ela a que se dirixise neses termos ao colexiado.

O Comité considera insuficientes as pobras videográficas aportadas polo club, mentres este solicita a revisión do caso para que a capitana non se perda, por unha situación errónea, dous partidos da sempre desexada competición copeira.

Máis novas

Comentarios