mércores. 30.04.2025
El tiempo

FUTFEM: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva

Xallas Fem tras gaar ao Union Club Cee
O Xallas coa virxe de Santa Comba despois de gañar ao Cee
FUTFEM: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva

Aproveitaba a Costa o parón polo Campionato de España de Seleccións de base, para desputar algún partido da xornada aprazada polo temporal, e tamén para estrear a V Copa da Costa. Fugaz estrea da Esteirana na competición, véndose superadas por un Dumbría moi aguerrido e intenso.

Ademais, o partido da fin de semana disputábase en Fontenla. En dúas semanas o Xallas afrontou dous importantes derbis, ante Dumbría e Cee, nos que volveu ratificar o seu poderío costeiro, sumando 3 puntazos que lle permiten afianzarse na 2ª praza, a só 1 punto do imbatido Pastoriza.

2ª División, xornada 11

Xallas - Cee (3-1)

  • Xallas: Rosío, Carla, Paula Barcia, Mery, Otero, Espasandín, Valeria, Noe Vimi, Sara, Claudia Facal e Olalla. Tamén: Cali, Marta, Laura e Yaiza.
  • Cee: Valeria, Ramos, Nerea, Sabela, Laura, Martínez, Naiara, Nayara, Paula Veiga, Sharay Caamaño e Saray Duarte. Tamén: Noemi, Facal, e Minerva.
  • Goles: 0-1, m.30: Paula Veiga; 1-1, m.52: Olalla; 2-1, m.72: Olalla; 3-1, m.82: Facal.

Derbi costeiro de altos vos no Fontenla no partido aprazado polo temporal, e que chegaba co Cee a 8 puntos da xalleiras. Intentaba sacar o balón o cadro de Eloy, tendo máis o balón e intentando facer dano por banda coas Oli, Barcia, Facal. Pero eran as de Rafa as que se metían por diante á media hora, cando Paula Veiga aproveita un balón longo ás costas da defensa e define no man a man ante Rosío.

Eran bos momentos do Cee, que gañaban os duelos e conseguían prantarse diante de Rosío, que salvou varias ocasións importantes para deixar vivo ao seu equipo antes do descanso.

Pegou un salto o Xallas tralo descanso, e estivo máis fino co balón, facendo unhas transicions defensa-ataque moi rápidas. Aparecía alí a calidade de Olalla, para finalizar no man a man primeiro tras un gran prase de Mery, e pouco despois ao converter unha gran xogada individual na que fai dunha auténtica virguería escondendo o balón entre 3 rivais e definindo cun tremendo golpe de folla seca. Non baixaron o ritmo as xalleiras, e Facal remata un centro de Espasandín para facer o terceiro.

3ª Div., Gr.2, xornada 7

A Baña - Corcubión (1-6)

  • Goles: 0-1, m.3: Noa; 0-2, m.4: Andrea Romero; 0-3, m.10: María Castro; 0-4, m.11: Sandra; 0-5, m.17: Alexandra; 1-5, m.31: Xastia; 1-6, m.35: Andrea Romero.

Partido fácil, encarrilado moi pronto, para as de Rubén Castillo, que seguen colocadas no segundo vagón a só 23 puntos da 2ª praza.

Zas - Corme (1-3)

Zas - Corme FEM 1

  • Zas: Noelia, Lucia R, Carlota, María, Sara, Lara, Tania, Nerea, Nuria, Inés e Andrea. Tamen xogaron: Lorena e Isa.
  • Corme: Lucía; Saskia, Aroa, Lucía; Zeltia (Candela), Olalla, Ana (Laura), Natalia; Cris, Naroa, Carla (Laura).
  • Goles: 0-1, m.33: Carla; 1-1, m.52: Nerea; 1-2, m.76: Candela; 1-3, m.88: Naroa.

Zas - Corme FEM

Partido dominado polo Corme, se ben era o Zas o que comezaba avisando nunha triple ocasión de Nuria, Nerea e Inés.Tardou en reaccionar o equipo de Rubén Souto, algo confiado ante as debutantes, e tiña que ser Carla a que as metían en vantaxe a media hora. O Zas aguantaba ben atrás e non se descompuña, pero intentaba saír á contra.

Conseguía empatar Nerea á volta dos vestiarios, provocando que o Corme espertara de novo e metera na súa área ás de Anxo Garrido, que aguantaban como podían. Pasaban os minutos e as cormelás precipitábanse, pero a un cuarto de hora do final Candela acertaba e abría algo a fenda das zaseiras, para que Naroa puxera o terceiro xa contra o final.

Zas - Corme FEM 2

Copa da Costa, Previa

Esteirana - Dumbría (1-6)

Plantel da Esteirana na Salina

  • Esteirana: Naira, Terre, Martina, Sara, Marta, Leti, Lara, Sandra, Lidia, Bárbara e Rut. Tamén: Maruxa, Nerea, Gina, Inés e Alba.

Plantel do Dumbria na Salina

  • Dumbría: Sheila, Noa, Carril, Mariña, Mai, Kelly, Sabela, Claudia, Paula Mandiño, María e Eva. Tamén: Lissette, Laura, Yoli, Paula Rod. e Juliette.
  • Goles: 0-1, m.2: Paula Fandiñode falta; 0-2, m.3: Eva Lema; 0-3, m.34: María; 0-4, m.43: Eva Lema; 0-5, m.50: Eva Lema; 1-5, m.55: Bárbara de penalti; 1-6, m.83: Juliette.

Comezaba a V Copa da Costa 2025 e facía co Dumbría sacando o rodete na Salina. Comezaban con dúas marchas máis as dumbriesas, e en apenas 3 minutos xa se colocaban cun 0-2, gracias a unha falta de Fandi, e do olfacto da depredadora da área Eva Lema, que aproveitaba un erro da defensa blaugrana para facer o segundo.

Tardou en reaccionar pero poco a pouco as de Fran Figueroa (partido especial para el tralo seu paso pola familia dumbriesa) pero acabaron o primeiro tempo dominando e tendo ao Dumbría metido no seu campo. Así e todo, á contra, as de Santi Lira, sen estar demasiado cómodas, conseguían sentenciar antes do descanso con dous novos tantos.

E steirana-Dumbria FEM-Foto-CF DUmbria
Xogadoras do Dumbría celebrando un tanto-Foto-CF Dumbría

O cadro visitante seguía mandando o tempo do xogo, Eva Lema facía o terceiro, e a pesar de sufrir a estrana expulsión de Paula Fandiño, a vitoria non perigraría nin co penalti transformado por Bárbara.

Fugaz participación das blaugranas na súa primeira participación copeira, mentres as dumbriesas terán en frontr ao Mazaricos nos Oitavos de final.

Máis info

Todas as crónicas do FUTFEM

Comentarios