Piden a renovación do céspede de Pedra Queimada
09:16 02/09/24
23 anos ten o céspede artificial de Pedra Queimada, un dos máis “veteranos” da comarca, sen dúbida. Un tapete doutra xeración, tremendamente gastado, que supón un serio problema tanto para os equipos de Malpica como para os rivais, que sempre se queixan ao chegar polo perigo que supón para posibles lesións.
Se ben o campo xa ten unha iluminación renovada hai poucos anos, as bancadas, os baños, os bancos… necesitan tamén un repaso.