Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Sofán e o Porteño sacarán equipo B na 3ª Galicia

FB_IMG_1690220156824
Diego e Barca dirixirán Sofán B
O Sofán e o Porteño sacarán equipo B na 3ª Galicia

Novidades de cara ao curso 2023/2024 nas Ligas da Costa. O único equipo costeiro na Preferente, SD Sofán e o recén ascendido Porteño sacarán equipo B na 3ª Galicia. 

Por Carballo, serán Barca e Diego, responsables da base, os encargados de dirixir ao equipo.

Pola súa parte, o Porteño conta cun bo número de xogadores novos, moitos recén saídos de xuvenís, onde non xunta suficiente número para sacar un equipo, así que saca un equipo B para permitir darlle saída a este grupo sub23.

O tándem Javi Baña e Cousillas, de primeiras, cubrirán os dous equipos, que adestrarán xuntos. O equipo B pediu xogar os sábados na casa, e Javi Baña quedaría co 1º equipo en caso de coincidencia. 

O A da Ponte estase reforzando moito con varios xogadores do Soneira como Mayor ou Darío, ademais de outros como Chipi, dianteiro procedente do Baíñas.

Comentarios