Poucas citas nesta Semana Santa no Fútbol da Costa
- Os horarios en www.futboldacosta.com.

Descansa a Liga da Costa, a Promoción da 3ª, a 2ª Feminina e as Ligas de Veteranos. Rematadas as ligas comarcais de xuvenís e cadetes, si teremos unha dispersa xornada da liga Infantil, na que o Outes se poderá proclamar campión se gaña en Ara Solis con aínda 3 xornadas de marxe.
Si temos doble ración na Preferente: o xoves pola mañá para Fisterra en Mugardos e Sofán no Carral, e o domingo pola tarde do revés.
Tamén teremos xornada o domingo na 1ª, con partidos vitais para os de abaixo, sobre todo para Baio e Esteirana, ante rivais da zona baixa, xa que o Mazaricos enfróntase ao líder. Por arriba, o Xallas e o Dumbría non poden fallar para seguir na loita pola promoción.
Soble ración nas longas Ligas Galegas, xa co Dumbría xuvenil descendidísimo, e o Cadete, que adiantaba a primeira parada á xornada de onte, e conseguía 3 importantísimos puntos para evitar o descenso.
- Os horarios en www.futboldacosta.com.