Sábado. 16.01.2021
El tiempo

A Preferente e a 1ª Galicia volverán competir o 24 de xaneiro

A Preferente e a 1ª Galicia volverán competir o 24 de xaneiro

Trala aprobación por parte da Xunta do Protocolo para a actividade futbolística federativa con contacto, a Real Federación Galega de Fútbol vén de anunciar a activación das competicións segundo un plan de desescalada dividido en tres niveis.

As primeiras competicións en poñerse en marcha serán as categorías sénior (masculina e feminina) e a liga galega xuvenil de fútbol, que deberán realizar un test Covid cada 14 días. Todas as demais categorías de fútbol base, e todas as competicións de fútbol sala e gaélico deberán adestrar e xogar con máscara.

Deste xeito, nun primeiro nivel activaranse a Preferente, Primeira Galicia, Primera Galega Feminina, Liga Galega Xuvenil, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete e Liga Galega Infantil en fútbol. Estas competicións quedarán activadas de inmediato e está previsto que o seu comezo se poida levar a cabo entre o 24 de xaneiro e a primeira semana de febreiro.

Nun segundo bloque activaranse as demais categorías senior, así como as provincias e locais de xuvenís, cadetes e infantís de fútbol, mentras que na especialidade de fútbol sala quedará todo activado nesta segunda fase. Competicións estas que previsiblemente poderán comezar durante a segunda quincena do mes de febreiro, sempre que o permita a situación sanitaria.

O último nivel de activación refírese ao fútbol 8, que arrancará a finais de febreiro, sempre que o permita a situación sanitaria.

Podedes acceder aos Protocolos no web da RFGF.

comentarios