Preferente: Afianzándose na zona medio-alta
Xornada 10 e os dous equipos costeiros se afianzan na zona media-alta da táboa. O empate do Sofán en Pol e a vitoria, rotunda do Dumbría na casa ante un dos de abaixo, confirma o bo comezo de liga dos dous equiño con case un terzo da competición xogada. O Sofán queda un punto fóra da promoción polos 3 do Dumbría, deixando xa lonxe a zona de perigo, e colocando a Diego Estévez, tralos seus dous tantos, xa como pichichi da categoría con 7 dianas.
Pol - Sofán (1-1)
- Sofán: Brais, Javi, Becerra, Alexandre, Isma, Izan, Fabián, Joel, Pablo Parafita, Iván Parafita, Julián. Tamén: Eloy, Dani García, Iván Pardo, Dani Pena, Iraitz, Alex Sánchez.
- Goles: 0-1, m.50: Fabián; 1-1, m.81: Omar.
Primeira parte igualada con dúas ocasións claras para cada equipo. As do Pol por medio de Diego Rey e as carballesas en dous remates de Julián e un de Joel, que non viron portería.
Saían fortes os de Pablo Torreira na segunda, e un centro de Alexandre era rematado Fabián de cabeza para abrir o marcador. Eran os mellores minutos dos visitantes, e Julián tivo aí o partido con dúas bocas ocasións.
A partir do m.60 o Pol fíxose co mando do partido, obrigando a Brais a facer varias paradas de mérito. Ao final nunha ocasión menos clara, nun tiro dende a frontal que toca nun defensa, bótalle mal a Brais e entra. Punto importante en terras lucenses igualmente para o Sofán.
Dumbría - Cul. Maniños (4-1)
- Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Jano, Iago, Toni, Juan Trillo, Alex Marcote, Javi Souto e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Lucas Toba, Íker, Pablo Costa Carabel, Adrián Periscal e Xabi Castro.
- Goles: 1-0, m.21: Diego Estévez de penalti; 2-0, m.37: Diego Estévez; 3-0, m.44: Javi Souto; 4-0, m.71 Berto; 4-1, m.88: Hugo Cociña.
Gran primeira metade dos de Pablo Conde, superiores en todo, e puideron marchar con 3-0 á caseta cos tantos dos seus dianteiros.
Buscaron manter a portería a certo na segunda, pero un pelín de relaxación tralo cuarto impediu firmar un partido redondo. Así e todo, as sensacións foron moi positivas, vendo como a zona de descenso se alonxa.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.8: Situándose.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.6: En posición noble.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.4: Suma e segue.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.