luns. 10.11.2025
El tiempo

Preferente: Afianzándose na zona medio-alta

CF DUmbria x10 da Preferente no Conco
11 do Dumbría no Conco
Preferente: Afianzándose na zona medio-alta

Xornada 10 e os dous equipos costeiros se afianzan na zona media-alta da táboa. O empate do Sofán en Pol e a vitoria, rotunda do Dumbría na casa ante un dos de abaixo, confirma o bo comezo de liga dos dous equiño con case un terzo da competición xogada. O Sofán queda un punto fóra da promoción polos 3 do Dumbría, deixando xa lonxe a zona de perigo, e colocando a Diego Estévez, tralos seus dous tantos, xa como pichichi da categoría con 7 dianas.

Pol - Sofán (1-1)

  • Sofán: Brais, Javi, Becerra, Alexandre, Isma, Izan, Fabián, Joel, Pablo Parafita, Iván Parafita, Julián. Tamén: Eloy, Dani García, Iván Pardo, Dani Pena, Iraitz, Alex Sánchez.
  • Goles: 0-1, m.50: Fabián; 1-1, m.81: Omar.

Primeira parte igualada con dúas ocasións claras para cada equipo. As do Pol por medio de Diego Rey e as carballesas en dous remates de Julián e un de Joel, que non viron portería.

Saían fortes os de Pablo Torreira na segunda, e un centro de Alexandre era rematado Fabián de cabeza para abrir o marcador. Eran os mellores minutos dos visitantes, e Julián tivo aí o partido con dúas bocas ocasións.

A partir do m.60 o Pol fíxose co mando do partido, obrigando a Brais a facer varias paradas de mérito. Ao final nunha ocasión menos clara, nun tiro dende a frontal que toca nun defensa, bótalle mal a Brais e entra. Punto importante en terras lucenses igualmente para o Sofán.

Dumbría - Cul. Maniños (4-1)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Jano, Iago, Toni, Juan Trillo, Alex Marcote, Javi Souto e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Lucas Toba, Íker, Pablo Costa Carabel, Adrián Periscal e Xabi Castro.
  • Goles: 1-0, m.21: Diego Estévez de penalti; 2-0, m.37: Diego Estévez; 3-0, m.44: Javi Souto; 4-0, m.71 Berto; 4-1, m.88: Hugo Cociña.

Gran primeira metade dos de Pablo Conde, superiores en todo, e puideron marchar con 3-0 á caseta cos tantos dos seus dianteiros.

Buscaron manter a portería a certo na segunda, pero un pelín de relaxación tralo cuarto impediu firmar un partido redondo. Así e todo, as sensacións foron moi positivas, vendo como a zona de descenso se alonxa.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios