luns. 03.11.2025
El tiempo

Preferente: Envorcáronse as tornas

11 do CF DUmbria no Conco
11 do CF Dumbría a semana pasada no Conco
Preferente: Envorcáronse as tornas

Cambiaron os papeis Sofán e Dumbría do que viñan facendo nas últimas xornadas, caendo a SD no Carral ante un rival dos de arriba, e sumando o cadro dumbriés unha grandísima vitoria na Pobra que os asenta no medio da táboa e os alonxa do perigo.

Sofán - San Tirso (1-2)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani García, Alex Sánchez, Izan, Pablo Parafita, Fabián, Alexandre, Julián, Joel, Marcos Montero. Tamén: Brais, Iván, Becerra, Iván Pardo, Dani Pena, Isma Rod. e Iraitz.
  • Goles: 0-1, m.21: Denis; 1-1, m.59: Iván Pardo; 1-2, m.65: Carlos Díaz.

Arrincaba o choque cun San Tirso máis mandón, pero con moito centrocampismo e pouca profundidade. Non había moitas ocasións, pero si Denis tivo un remate alto e o oportunismo para aproveitar un balón que se lle escapa a blocaxe e empurra a gol. Despois do tanto, o equipo carballés comezaba a facer dano por banda Julián mandou fóra un rexeite tras un córner.

Saíron ben os de Pablo Torreira na segunda, con ocasións como unha de Alexandre dende lonxe ou un remate de cabeza de Julián moi claro. Eran moi bos minutos dos locais, e Iván Pardo culminaba unha xogada de Alexandre para facer o xusto empate.

Cando a inercia corría para os locais, outro erro local, nunha perda no medio campo, e tras un tiro frouxo que superou de novo a Gardu, os visitantes se metían de novo por diante. Quedaba aínda tempo, e o Sofán intentouno sobre todo a balón parado, como unha de Becerra, pero non foi quen de volver empatar.

Puebla - Dumbría (1-3)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Aarón, Iago, Jano, Juan, Toni, Javi Souto, Alex Marcote e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mario, Lucas Toba, Pablo Costa Carabel, Adrián Periscal e Xabi Castro.
  • Goles: 0-1, m.5: Estévez de penalti; 1-1, m.23: Piñeiro; 1-2, m.67: Estévez; 1-3, m.73: Mario Insua.

Sacou 3 puntos dun campo moi complicado como é o campo da Alta, o cadro de Pablo Conde. Comezaron pronto arriba os costeiros adiantándose cun penalti que puido ter sido tamén expulsión. Os locais repuxéronse e tomaron o mando, pero os dumbrieses aguantaban sen sufrir demasiado, ata o empate, nunha xogada por banda, que acabou con varios rexeites na meta de Anxo.

A primeira metade remataba igualada, e a segunda comezaba cos de Pablo Conde un puntiño mellor aínda. Estaban mellor co balón e tras unha boa combinación, Estévez fai o segundo, e pouco Mario no primeiro balón que toca mete o 1-3 que casi finiquita o partido. De aí ao final, traballo, traballo e intentar coller algunha á contra.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios