Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: O Fisterra métese na Fase de Ascenso

Fisterra na fase
Celebrando o gol
Preferente: O Fisterra métese na Fase de Ascenso

Outro gol de Víctor Casais serviulle ao Fisterra para asegurar a súa presencia na Fase de Ascenso á 3ª RFEF. Outro fito histórico para o equipo de Juan Porrúa que non deixa de darlle alegrías á súa entregada afección, e aos seus Rapacollóns, un grupo de siareiros doutra categoría.

Tamén venceu o Xallas ante todo un Sigüeiro, manténdose por riba do Laracha.

Fisterra - Boimorto (1-0)

  • Fisterra:Buguy, Pablo Vigo, Dani, Aarón Fdez., Aarón López, Estévez, Diego Cespón, Vïctor Casais, RIchi, Vía, Julián. Tamén: Colombia, Adrián Makaay, Aarón Lobelos, Andrés
  • Gol: 1-0, m.40: Víctor Casais aproveite un rexeite a un tiro de Cespón.

Serio partido dos de Juan Porrúa que foron descubrindo ao longo do partido que a vitoria lles valía un ascenso. O cadro fisterrán non sufriu demasiado, nunha primeira metade igualada e sen ocasións para ningún equipo, máis queo gol. Na segunda si que chegou o Fisterra, mesmo cun tiro ao longueiro de Lobelos e un ao poste de Estévez. Tocou sufrir ata o final pois o partido non se daba sentenciado, e o Boimorto facía algo de dano a balón parado, pero o sufrimento mereceu a pena. O peor do partido volve ser as lesions de Richi e Via.

"Pódese dicir que obxectivo cumplido", recoñece Porrúa en calquera caso.

Xallas - Sigüeiro (2-1)

  • Xallas: Iván Couto, Caneda, Diego, Jose Eiza, Adán, Julito, Colón, Samuel, Stefan, Brais, Carlos Rieiro. Tamén: David, Alex Blanco, Doro, Xan Caridad, Bprja Gándara, Iván Calvo.
  • Goles: 0-1, m.42: 1-1, m.49: Álex Blanco de penalto; 2-1, m.86: Álex Blanco.

"Por fin temos esa pizca de sorte ao traballo que facemos", recoñece o adestrador xalleiro David González trala vitoria nos últimos minutos ante todo un 2º clasificado, crendo, de calquera xeito, que o resultado foi xusto.
Comezou o partido igualado primeiros minutos, e nunha xogada na que o porteiro do Sigüeiro escápaselle o control e Stefan quítallo, fanlle unha entrada á altura do xeonllo e non pita nin falta cando os xalleiros pedían vermella (ao límite do área). Era o m.20 e a xogada remata con amarela a Caneda, enfado xeral e frustración e expulsión a Stefan e do adestrador David con vermella por protestas reiteradas.
Cun menos todos os xogadores deron aínda máis , pero o Sigüeiro nun córner mete o 0-1 e co que se chega ao descanso. O equipo segue no partido e chega o 1-1 de penalti cometido sobre Diego Garcia que marca Álex Blanco. O equipo pasa a unha posición máis defensiva, aguantando sen sufrir moito e buscando a súa. E xa contra o final, nunha falta Álex Blanco mete o segundo para a delicia da bancada xalleira.
    
 

Novas relacionadas

Comentarios