Preferente: O Pol frea ao Sofán tras 4 vitorias seguidas

A SD en Pol-Fotos-SD Sofán

Non puido manter a serie de impresiontes resultados o Sofán na Preferente que caeu ante un Pol da zona baixa, e sae dos postos de promoción. A piques estivo de sacar, alomenos, un puntiño o cadro carballés pero marrou unha pena máxima nos útimos minutos volveu a casa sen premio algún.

Pol - Sofán (1-0)

  • Sofán: Gardu, Noé, Iván, Alexandre, Fita, Pablo, Sánchez, Marcos, Juanjo, Martín e Paulo. Tamén: Brais, Javi, Eloy, Fabián e D. García.
  • Gol: 1-0, m.42: Iago Buján.

Saíu mal o cadro onte “verde” na primeira metade, pero foron meténdose no partido tendo algunha ocasió no primeiro tempo. Pero foron os locais os que se adiantaban antes do descanso, sendo un duro pau para os visitantes.
A segunda metade xogouse en campo local, cos de Torreira buscando o gol, tendo ata un penalti a 10 do final que puido ter significado un punto de ouro.

Todas as Crónicas da Preferente

Máis info