Preferente: Pouca pesca

11 do CF Dumbría en Betanzos

Undécima xornada na Preferente cun só punto para os nosos que vén como se escapa lixeiramente a zona de promoción. O Sofán veu escapar un punto na casa mentres que o Dumbría non puido sumar nada no sempre complicado campo do García Hermanos.

Sofán - Paiosaco (1-1)

  • Sofán: Brais, Becerra, Alex Sánchez, Isma, Izan, Fabián, Iván Parafita, Pablo Parafita, Alexandre, Joel e Julián. Tamén: Gardu, Javi, Iván, Iván pardo, Dani Pena, Iraitz, e Hugo Pastoriza.
  • Goles: 1-0, m.14: Izan; 1-1, m.41: Jorge Queijeiro.

Partido de moita disputa e pouco xogo por parte de ambos conxuntos, pechado en canto a ocasións de gol. Conseguiron meterse pronto por diante os de Pablo Torreira nun remate de Izan tras un saque de banda pero ao fío do descanso igualou o Paiosaco nun córner.

Na segunda parte non hubo demasiado e o máis destacado foi unha parada de Brais a un remate de Pablo nun cúrner. Na última xogada do partido o meta visitante Hugo salvou un man a man de Fabián que puido ter significado os 3 puntos para os carballeses.

Betanzos - Dumbría (2-0)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Berto, Jano, Iago, Lucas Toba, Juan Trillo, Alex Marcote, Toni, Xabi Castro e Estévez. Tamén: Isma, Mario, Quique, Pablo Costa Carabel, Pablo Costa Ramos e Adrián Periscal.
  • Goles: 1-0 m.57: Pedro Couce de cabeza; 2-0, m.68: Alex del Río.

O equipo dirixido por Josema (non puido acodir Pablo Conde), viuse superado por un Betanzos máis acostumado ao céspede natural, moi húmido, e buscando ben balóns directos. Con todo non houbo grandes ocasións na primeira. 

Na segunda intentaron xogar algo máis o balón os dumbrieses, pero nunha boa xogada por banda os locais marcaban un golazo de cabeza. Pouco despois, tras un erro na saída do balón, permitía facer o segundo e pechar o partido.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.