Venres. 07.05.2021
El tiempo

Preferente: A SD queda líder en solitario

Laracha-Sofan
Laracha-Sofán. Fotos: SD
Preferente: A SD queda líder en solitario

Cuarta vitoria consecutiva da SD, onte no derbi ante o Laracha. Tres puntos que o colocan líder en solitario tralo empate do Victoria ante o Betanzos. Moi boa xornada ademais, pois o 3º clasificado queda a 5 puntos, pero cun partido menos.

O Xallas salvaba un punto en Noia e se mantén a tiro dos dous primeiros, o propio cadro barbanzán e o Dura, que ten un partido menos.

Laracha - Sofán (1-4)

Sofan na Laracha

  • Sofán: Brais; Alexandre (Raúl Varela, m.85), Diego, Iriso, Viqueira; Canedo, Fabián, Eibe (Juanjo, m.68); Martín (Dopico, m.73), Raúl, (Vía, m.57), Aye (Paulo, m.67).
  • Goles: 0-1, m.8: Raúl de cabeza nun córner; 0-2, m.23: Martín aproveita un rexeite a tiro de Raúl; 1-2, m.52; 1-3, m.60: Vía Rápida en plancha aproveta un rexeite; 1-4, m.82: Vía tras varios rexeites coa axuda da defensa.

Partido trampa para o Sofán na Laracha cun cadro sofanista que comezou marcando o ritmo e avisando por medio de Raúl e Martín. Foi precisamente o veterano tanque vermello o que abría o marcador antes de que se cumplisen os primeiros 10 minutos cun cabezazo á saída dun córner.

Seguía invandindo o campo contrario o Sofán e no ecuador facía o segundo, mantendo a súa meta ben protexida ata o descanso.

Na segunda, o Laracha, a pesar de estar cun home menos dende a media hora do partido pola expulsión de Eloy Díaz, conseguía meterse no mesmo co tanto de Alex Alonso. Pero a SD reaccionou e non deixou escapar o partido. Pronto marcaba Vía, e de aí ao final houbo varias accións pero o definito 1-4 chegou tras un balón que mete na área Alexandre e que acaba, tras tocar Vía, no fondo da rede tras tocar nun xogador local.

Laracha-Sofan 2

Noia - Xallas (1-1)

  • Xallas:Álvaro; Estefan, Jacobo Lois, Aitor, Carlos Rieiro, Pablo Losada, Eizaguirre, Uxío, Doro, Manu Romero, Adrián Pose. Tamén: Álex Díaz, Erre, Borja Gándra, Adrián López, Victor e Javi Caamaño.
  • Goles: 1-0, m.13; 1-1, m.77: Manu Romero.

Salvou un punto o Xallas do complicadísimo campo de San Lázaro de Noia, ante un potente cadro local ao que se puñan as cousas de cara, co gol ao cuarto de hora de Hugo García, Pero os de David González non lle perderon a cara ao partido e estiveron metidos durante todo o encontro. Máis incisivos estiveron na segunda metade, coa segunda liña que reforzou o equipo dende o banquiño, conseguindo o empate a 13 do final.

 

Os resultados e as táboas en www.futboldacosta.com

Crónicas da Preferente

comentarios