Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Preferente: 9 de 12 na ponte de Semana Santa

Capis do Dubra e o Xallas en Fontenla co trio arbitral-Foto-Dubra
Capis do Dubra e o Xallas en Fontenla co trio arbitral-Foto-Dubra
Preferente: 9 de 12 na ponte de Semana Santa

Doble xornada a vivida esta ponte de Semana Santa polos Sofán e Xallas na Preferente. O xoves os dous equipos nos daban unha alegría vencendo o primeiro ao Victoria (cun golazo de Eibe facendo mesmo un sombreiro dentro da área)e o cadro xalleiro facendo o propio, con goleada incluída, ao Pino, gracias aos tantos de Adrián Pose, Carlos Rieiro e Doro.

Completou a ponte o Sofán cunha nova vitoria, no Carral, ante todo un San Tirso, mentres o Xallas non conseguía superar en Fontenla ao Dubra.

O Xallas no Pino
O Xallas no Pino

Xallas - Dubra (0-1)

  • Xallas: Alex Díaz; Estefan, Aitor, Erre, Borja Gándara, Pablo Losada, Adrián López, Jose Eizaguirre, Andrés Vigo, Manu Romero, Adrián Pose. Tamén: Coke, Doro, Ricardo, Carlos Riero, Alex Blanco, Adrián García, Jacobo.
  • Gol: 0-1, m.25.

11 do Xallas en Fontenla-Foto-Dubra
11 do Xallas en Fontenla-Foto-Dubra

Non puido o Xallas coa visita do Dubra. Nunha tarde soleada, un Xallas F.C. mermado polas lesions de varios xogadores, viuse superado no marcador cun solitario gol do noso capitán Dani Moto no minuto 25. Na segunda metade coa entrada de varios xogadores de refresco o Xallas, creou algunhas ocasións que non materializaciou deixando escapar os 3 puntos da Fontenla.

Sofán - San Tirso (3-0)

11 do Sofan ante o San Tirso no Carral

  • Sofán: Brais; Añón, Becerra (Diego, m.48), Iriso, Viqueira; Canedo, Juanjo, Fabián (Vía, m.79); Alexandre (Aye, m.60), Raúl (Eibe, m.75) e Paulo (Martín, m.66).
  • Goles: 1-0, m.37: Becerra remata unha falta lateral; 2-0, m.65: Raúl aproveita un rexeite dun tiro Paulo tras un pase en profundidade de Añón; 3-0, m.83: Martín.

Bo partido do Sofán ante un San Tirso que apenas inquietou a meta de Brais e que se solventou con un claro 3-0. O equipo sofanista impuxo un ritmo moi alto dende o inicio e xa no 7' un tiro de Paulo vaise fora por pouco. As chegadas eran constantes sobre a meta de Guillermo e chegando a media hora o asedio era tan alto, que os remates de Paulo, Raul e Canedo foron o preludio do gol. Foi nunha falta lateral botada por Añón e que cabecea a rede Becerra.

O mister visitante mudou o esquema e pasou a xogar con defensa de 3 e iso aínda facilitou máis as cousas ao Sofán que atopaba moitos espazos nesa última liña. Foi no 65' cando un balón en lonogo de Añón sobre Paulo, este controla, encara a súa marca e saca un potente disparo que non atalla Guillermo e o seu rexeite aprovéitao Raúl para marcar o 2-0 e aumentar a distancia. Antes do final, nun balón en profundidade de Viqui sobre Martín, este aparece entre liñas e marca de tiro raso poñendo o 3-0.

Sofan-San Tirso no Carral

Os resultados e as táboas en www.futboldacosta.com

Crónicas da Preferente

comentarios