Previa dunha fin de semana na que coliden as Copas coas Fases
- As táboas en www.copadacosta.com.
Fin de semana copeira pero con importancia incidencia coas fases de ascenso. Unha eliminatoria copeira de Oitavos de final que ten no San Lorenzo-Sofán do sábado o punto máis vivo. Outras eliminatorias fermosas tamén cambian o horario, como o Esteirana-Xallas, que se xogará na mañá do domingo, ou o Muxía-Soneira que se ten que xogar o martes 30 ás 21:00h…
Toca precisamente pola Fase de Ascenso á 1ª, na que o Muxía arrinca os Cuartos ante o Cacheiras, o domingo ás 17:00h en Arliña.
Pola súa parte, o Corme fai o visita o Campo do Valiño, en Cabo de Cruz, o sábado ás 18:00h. Se perden, para casa; de gañaren, os equipos costeiros terán que superar outras 2 eliminatorias (as semis a partido único e a final a ida e volta) para conseguir un único posto de ascenso.
Se gaña o Muxía, enfrontaríase nas semis, na casa, ao vencedor do Bergamiráns - Estradense B; se vende o Corme, tocaríalle contra o vencedor do Vea - Urdilde, en casa ou fóra, dependendo quen pase.
Copa FEM
Tamén comeza a III Copa da Costa feminina. Pero as complexas segundas fases obrigan a xogar o 26 (o Cee-Mazaricos), o 27 (o Nicrariense-Ponteceso), ou mesmo o 30 (o Corme-Xallas) a rolda previa.
Aí, na Fase de Ascenso, o Xallas xoga as semis ante o Friol B, o domingo ás 12:30h, mentres o Cee visita Chaín o domingo ás 12:00 para enfrontarse ao Lóstrego B.
E na Fase de Ascenso (de permanencia, máis ben) Condicionada da 2ª Div. Fem, o Dumbría xógase a permanencia na 2ª ante o Xuventú Aguiño o sábado ás 17:30h; as Miúdas o mesmo o domingo ás 12:00h ante o Galicia Caranza; o Corme vai a Lugo a enfrontarse ao Milagrosa o domingo ás 12:00h.
Tamén terá outra oportunidade para a permanencia o Ponteceso o domingo no Pinguel tralo recurso presentado no choque ante o Peñasco.
Polo resto, xa coa base finiquitada, queda o remate da Preferente sen nada en xogo para os nososm, e as semifinais da Copa da Costa de Veteranos.
- As táboas en www.copadacosta.com.