Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Previa dunha nova fin de semana de fases e copa

Imaxe do Dumbria-Aguino da pasada semana-foto-Vet Dumbria
Imaxe do Dumbría- Xuv. Aguiño da pasada semana-foto-Vet Dumbria
Previa dunha nova fin de semana de fases e copa

Nova fin de semana na que coliden as fases de ascenso/descenso coa Copa.

Fase de Ascenso á 1ª

Moitos ollos están postos no Bertamiráns - Muxía o domingo ás 19:00h no Municipal de Bertamiráns. Eliminatoria a partido único, a vida ou morte, coa mirada posta na final (esta a doble partido e con volta en Arliña), que sería contra o gañador do Valiño-Urdilde.

Fase Condicionada Feminina

Chega a gran final, a volta das semis desta mal chamada Fase de Ascenso Condicionada da 2ª Div. Fem. 4 equipos costeiros xóganse a permanencia na categoría. Se ben o Ponteceso ten un pé na 3ª tralo choque da ida, Corme, Dumbría e As Miúdas teñen as opcións intactas para superar esta rolda e salvar a categoría.

  • Dumbría - Xuv. Aguiño (domingo 4 ás 18:30h no Conco): tralo 5-4 da ida a favor das rivais, o cadro de Fran Figueroa afronta a eliminatoria coa confianza do Conco.
  • Puentearnelas - Ponteceso (domingo ás 16:30h): O 1-6 da ida fai practicamente imposible a permanencia para o cadro de Curro.
  • Galicia Caranza - As Miúdas (domingo ás 12:00h): As de Lucho deixaron vivas á ferrolás na casa, pero o 1-0 a favor permitílle que lle valga ao empate para manter a categoría.
  • Corme - Milagrosa (domingo ás 17:00h no Cairo): O 2-1 da ida a favor das lucenses deixa todo aberto, con grandes opcións para as de Rubén Souto.

Copa dispersa

Temos tamén uns Cuartos de Copa, aínda a partido único, ben intensos, e ben dispersos, co Cee-Dumbría na tarde do sábado; o Ponteceso-Sofán na mañá do domingo; o Corcubión-Baio na tarde dominical; e o Muxía-Xallas para a noite do martes de novo no Conco co cadro muxián como locatario por non poder xogar en horario nocturno en Arliña.

Na Copa Feminina, o sábado teremos o Cee-Cerqueda, o domingo o Nicrariense-Dumbría, pero a coincidencia coa dase de permanencia das Miúdas e de ascenso á do Bergantiños, fai que os Xallas-Miúdas e Corcubión-Bergantiños se teñan que xogar o martes pola noite.

Final da Copa da Costa de Veteranos

O Campo das Pedreiras, en Verdillo, acollerá a finalísima da Copa da Costa de Veteranos, co San Ramón e Razo como competidores. O choque arrincará ás 11:00h.

Todos os cadros en www.copadacosta.com

Comentarios