Martes. 07.05.2024
El tiempo

Previa: Finde de derbis na que o San Lorenzo se pode alzar, por primeira vez, co título de Campión da Liga da Costa

San Lorenzo de Verdillo a piques de convertirse en campion da Liga da Costa
O San Lorenzo de Verdillo, a piques de convertirse en campion da Liga da Costa
Previa: Finde de derbis na que o San Lorenzo se pode alzar, por primeira vez, co título de Campión da Liga da Costa

Moitos derbis esta fin de semana no que volve ao completo o Fútbol da Costa despois do medio parón de Semana Santa.

Comezando polo derbi de Preferente. O Carral acolle na tarde dominical un choque desigual, ao que chega un embalado Sofán tras 11 partidos sen coñecer a derrota, e un Fisterra xa pensando na copa e no curso que vén mentres dá minutos nunha categoría como esta a xogadores da casa pensando no futuro.

Derbi tamén na, neste caso de auténtica necesidade. A Esteirana e oMazaricos enfróntanse coa necesidade de puntuar de 3 en 3 e intentar evitar o posto de descenso que queda pendente, e os máis que posibles dous postos de arrastre que chegarán da Pref. O Mazaricos chega ao Xosé Luís Vara tras sumar 8 derrotas seguidas.
Ademais, aínda na 1ª, o Xallas terá unha boa pedra de toque para ver se segue na loita pola promoción visitando ao Flavia, e o Dumbría decidirá tamén se queda arriba ou di adeus á pelexa na Pobra.

Posible campión da Liga da Costa

Non queren preparar nada por Verdillo, pero se o San Lorenzo vence o domingo ao Coristanco e o Corme non gaña en Cee, o cadro carballés será campión, por primeira vez na súa historia, da Liga da Costa. Faríao nesta antepenúltima xornada, xa que o cadro cormelán está a 6 puntos pero ten o golaveraxe individual a favor, e volvería competir nunha 1ª na que xa estivo na temporada 17/18..

Non faltarán os derbis na 2ª, como o derni muradán do sábado entre Muros-Monte Louro.

Poderemos ver ademais os dous choques da volta de semis da Fase de Ascenso da 3ª, xa que o Buño-Laxe será de mañá e o Camelle-Zas de tarde.

E para pechar a serie de derbis, tamén haberá choque costeiro no Gr.4 da 2ª Div. Feminina, cun Miúdos-Xallas fundamental para as xalleiras para manterse na loita polas primeiras prazas.

Comentarios