Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Previa: O Mazaricos-Dumbría, un dos puntos fortes da xornada

Mazaricos-Dumbria-Foto-Maz 3
Imaxe dun Mazaricos-Dumbria de 2019
Previa: O Mazaricos-Dumbría, un dos puntos fortes da xornada

Nova xornada nas Ligas da Costa co ollo posto no derbi entre Mazaricos e Dumbría da tarde de carrusel. O Mazaricos quere sumar a súa terceira vitoria seguida para continuar escapando da zona baixa e o Dumbría necesita recuperar a regularidade para non descolgarse dos postos de promoción.
Ademais na , proba importante para o Soneira, que visita un Cordeiro que ten só 5 puntos por debaixo. O Xallas non pode fallar ante un dos de abaixo, o Baio teno complicado coa visita ao Lalín (3º) e á Esteirana ten un choque crucial ante un rival directo por evitar o descenso, o Cruces, ao que podería deixar a 5 puntos en caso de vencer.

Na Liga da Costa, a 17ª xornada chega cun fermoso San Lorenzo-Cee e outro Camariñas-Corme como grandes. Moita xente visitará o campo de Verdillo o sábado pola tarde para ver esta nova proba para os de Dani Casal. O domingo, o carrusel vibrará co choque do Hermanas Patiño, e tamén co Muros-Muxía e o Castriz-Coristanco.
Na zona baixa, o Cerqueda-Volantes determinará quen queda en posicións descenso, mentres que o Oza espera un empate entre eles e aproveitar a mala serie dun Outes que do liderato pode pasar a meterse en problemas.

A xornada na vén marcada polo choque entre Porteño (1º) e Buño (3º). Os oleiros están a 10 puntos do líder, e unha derrota podería marcar xa unha clara autopista para que os porteños ascendan de xeito directo. O Baíñas, que ten derbi co Castrelo, espera manterse nese segundo posto.
Na loita pola promoción dous choques vividos: Pereiriña-Camelle e Xallas B-Seaia.

Ademais, na 2ª División Feminina, primeiro derbi da historia entre Ponteceso e Corme. Veremos como están as bancadas do Pinguel.
No Gr. Sur hai choques importantes, como o que determinará o líder. O Xallas recibe a un Calo que ten a só 1 punto de distancia, polo que se vencen as de Rupper alcanzarán a primiera posición. O Cee terá que vencer ao Mazaricos para non perder comba, igual que o Dumbría co Dubra. Máis igualado prevese o Miúdas-Praíña, que decidirá quen se mantén con opcións de promoción.

O Carrusel en www.futboldacosta.com.

Comentarios