Martes. 07.05.2024
El tiempo

Previa: Cun ollo no ascenso e outro na Copa

O Rodeiro acolle o partidazo da fin de semana
O Rodeiro acolle o partidazo da fin de semana
Previa: Cun ollo no ascenso e outro na Copa

Fin de semana marcada polo sorteo das Copa da Costa masculina e Feminina, que terá lugar en Fisterra na mañá sabatina.

Pero a gran cita da fin de semana darase este sábado no Rodeiro. Camelle e Laxe competirán polo ascenso á Liga da Costa nun partidazo, tralo 1-1 da ida, que terá un verdadeiro sabor a Fútbol da Costa. O cadro camellán non poderá contar co seu adestrador Sergio, que fica na cama tras romper tibia e peroné a semana pasada xogando cos Veteranos do Zas. Toda a familia do fútbol costeiro deséxalle unha pronta recuperación.

A antepenúltima xornada na 1ª será intensa, sobre todo o domingo ás 20:00h no Xosé Luís Vara con ese derbi de necesidade máxima entre Esteirana e Baio. Máis complicado o teñen os baieses para escapar das máis que posibles dúas prazas (e se cadra 3) de arrastre, mentres que a Esteirana espera un tropezo do Tordoia en Padrón, e unha derrota do Cruces na Pobra, para intentar escalar posicións. Polo demais, o Xallas segue xogándose a clasificación para a promoción e ten unha boa ocasión enfrontándose a penúltimo da táboa, e esperar que o Dumbría meta unha man e ademais se volva enganchar por completo na pelexa vencendo ao Cordeiro. Os ollos de xalleiros de dumbrieses estarán o sábado postos na Peña do Ouro, onde esperan que o Mazaricos rompa a súa mala serie de 11 derrotas consecutivas e roube algún punto ao Lalín.

Última xornada da Liga da Costa, coa segunda praza en xogo e 3 equipos escapando da 12ª posición, posible pasto de arrastres. Se vence ou empate o Muxía na casa ante o Cee será subcampión, mentres que o Corme terá que gañar en Muros e esperar a sorpresa. En calquera caso, ambos disputarán a promoción de ascenso á 1ª.
Por abaixo, o Monte Louro ten que gañar si ou si en Camariñas, e esperar un tropezo do Coristanco (ao que mesmo lle vale o empate) na Serra para escapar desa 3ª posible praza de arrastre.

FUTFEM

Na 2ª Feminina, a atención está posta no Gr.4, onde o Xallas e Cee manteñen aínda, nesta antepenúltima xornada, opcións de título. Unhas opcións que pasan por vencer e esperar o tropezo do líder, o Calo na visita do Cacheiras, o 4º clasificado. Un Calo que aínda ten que pasar polo San Paio de Refoxos e por Fontenla nas dúas últimas xornadas.

Copas da Costa

Ademais, xóganse tamén os Cuartos das Copa da Costa Xuvenil e Cadete, aínda a partido único. Curiosa a Copa Cadete, cos 4 partidos esparexidos entre venres, sábado, domingo e luns.

Remata tamén a Liga infantil, xa co Outes campión dende hai varias semanas, e esta mesma tarde coñeceremos o calendario da Copa (tamén a de Veteranos).

 

Comentarios