#PreviaQPC: A 3ª adianta as súas finais
- Os resultados das competicións ligueiras e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com.
- Os resultados das Fases Finais e da Copa da Costa sempre actualizados en www.copadacosta.com.
Nova finalísima para o Xallas na Preferente, que ten que gañar si ou si todo un Boiro se quere manterse con vida. Será un sábado moi especial para a familia xalleira, pois ademais do choque de Preferente, Fontenla acolle tamén a finalísima adiantada da 3ª. O Xallas B recibe a un Corcubión que ten 5 puntos pero que tamén disputou un partido máis, polo que a vitoria xalleira daríalle á volta á clasificación a falta de só 2 xornadas para o remate.
Paralelamente, pero xa o domingo, o Carral acolle a outra final adiantada. O Oza recibe ao Porteño, que ten 1 punto máis pero tamén cun partido máis. O empate neste caso favorecería ao equipo carballés. Aínda quedaría con certas opcións o Laxe que vén por detrás e aínda ten que visitar o Carral na última xornada.
Dispútase tamén a antepenúltima xornada da 1ª. Con atención ao que fagan os nosos na parte baixa. Se o ben Dumbría pode sentenciar a súa permanencia se vence ao Agolada, e o Soneira ante o Belvís; Corme e Volantes están xa practicamente fóra. Toca atender á final que afronta Ponteceso que ten que gañar si ou si ao Cruces para seguir vivo.
Fases de Ascenso
O Bergan feminino segue mantendo vivo o soño do ascenso. Este domingo visita a pista do líder, un intratable Lóstrego, polo que todo o que sexa sumar será positivo.
Ademais, xóganse a volta das semifinais da Fase de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil. Case imposible o ten o Cabana Xuvenil; difícil o ten o Cee cadete tralo 0-1 da ida no San Paio de Refoxos ante o Noia; e de cara o ten o Xallas Infantil tras vencer 3-2 ao Bertamiráns na ida.
Copa
Tamén están en marcha as Copa da Costa Xuvenil, Cadete e Infantil.
Veteranos
Afrointan a recta final os Veteranos. En División de Honra, con 4 xornadas por diante, os 4 de arriba (San Lorenzo, Zas, Ponteceso e Dumbría) se manteñen nun pano de apenas 3 puntos. A presión é máxima e ninguén quere fallar.
Mentres, na 1ª, dispútase a penúltima xornada. Co Bértoa practicamente ascendido, a loita pola segunda praza segue viva entre Leiloio, que ten tres puntos de vantaxe sobre Malpica e Nantón e 4 sobre Corme e Oza. Os 4 postos da fase de ascenso están decididos.
Máis información
- Os resultados das competicións ligueiras e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com.
- Os resultados das Fases Finais e da Copa da Costa sempre actualizados en www.copadacosta.com.