#PreviaQPC: Fin de semana de fútbol e festa
- As táboas de horarios e clasificacións, e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com.
Onte actualizaba a RFGF as datas dos partidos aprazados da 3ª RFEF e Preferente (xa os tendes en www.futboldacosta.com), pero de contado xa coñecimos o aprazamento do partido da SD Sofán ante o Choco previsto para o domingo…
O que si terá unha costa de febreiro completita será a SD Fisterra, comezando este domingo cun partido chave para meterse entre os 5 de arriba. Visita ao Paiosaco cos dous equipos empatados a puntos.
Pola súa parte o Xallas quere seguir sumando e o intentará facer na Pobra.
Na MiniLiga costeira da 1ª teremos dous bos derbis, como o Mazaricos-Soneira, cun cadro amarelo que quere recuperarse da derrota en Negreira e volver ao máis alto da táboa, para o que precisa axuda do Volantes, que recibe ao cadro nicrariense, e do Ponteceso, que visita o campo do líder, o Tordoia. Entre os 3 primeiros quere colarse o Baio, que recibe ao Corme, mentres o Dumbría quere volver a sumar ante o pechacancelas.
Partidos bonitos na Liga da Costa. O sábado enfróntanse o 2º (Muros) e 3º (Camariñas) do Grupo 1A, cun Muxía moi atento para colarse entre os 3 primeiros se vence en Louro. O líder, o poderoso Esteirana, visita Lombáns para enfrontarse a un Lira que chega no seu mellor momento da temporada tras sumar 3 vitorias consecutivas, as primeiras da tempada.
No Gr.1B, adiado xa o San Lorenzo-Castriz, a atención céntrase nas Redondas, onde o líder recibe ao 2º clasificado, un Coristanco que quere achegarse arriba e poñer distancia co 4º. Aí está o Cerqueda que quere superar ao Nantón para manter a esperanza de meterse no podio que dá acceso á fase de ascenso.
E a 3ª, máis fermosa que nunca con apenas 4 xornadas para o remate da liga regular, conta con fermosos choques sabatinos, como o Corcubión-Oza, dous dos 4 de arriba que medirán forzas pensando xa case na fase de ascenso. O líder, o Porteño, visita o Rogelio-Cabo da Area, ante un Laxe que pelexa pola 5ª praza cun Pereiriña que propón un sábado de festa en Santa Comba. O cadro ceense levará un bus cheo de siareiros, coa volta formulada para as 5:00h da madrugada!
A xornada tamén vén bonita nos Veteranos, cun fermoso Dumbría-Zas que enfronta a 2º e 4º da D.H.
- As táboas de horarios e clasificacións, e o carrusel dominical en www.futboldacosta.com.