Xoves. 28.03.2024
El tiempo

PreviaQPC: O peche da Liga da Costa vivirá o seu intenso carrusel

Cabana-Coristanco
Imaxe dun Cabana-Coristanco, dous equipos que se xogan moito esta fin de semana
PreviaQPC: O peche da Liga da Costa vivirá o seu intenso carrusel

O remate da Liga da Costa é a nota máis singular desta fin de semana. Un remate que chega con horario unificado e un intenso carrusel que viviremos en www.futboldacosta.com na tarde do domingo, a partir das 16:30h.

As espadas están por todo o alto, sobre todo no Grupo Norte. O Cabana ten o título na man, se vence en San Andrés a un Zas, aínda pechacancelas, pero que xa ten demostrado ser capaz de todo nesta segunda volta. Non lle vale o empate aos de de José Manuel, pois se vence o Castriz en Pedra Queimada superaríao polo individual.
A outra loita está pola terceira praza que dá acceso á liguilla de ascenso. O San Lorenzo ten un punto máis que o Coristanco pero descansa esta xornada, polo que se o Coristanco gaña (non lle vale o empate por ter perdido o golaveraxe individual) nas Fontiñas adiantaríao e meteríase na fase.

Polo Sur, enfróntanse primeiro e segundo, os dous coa praza confirmada para a fase, e onde o Muxía medirá a superioridade blaugrana. Pero o verdadeiro foco estará en Muros e Camariñas. O cadro muradán, tras 3 derrotas seguidas, necesita gañar para meterse na fase. Mentres, un Camariñas tamén en horaas moi baixas, esperará o erro dos celestes para superalo sen gaña ante o Outes. En caso de empate a puntos (se perde o Muros e empata o Camariñas) ao cadro muradán.<(/p>

Moito máis

Arrincan tamén a Fase de Ascenso e de Permanencia da Preferente, con Fistterra recibindo en Ara Solis a un histórico Betanzos, e o Xallas ante outro equipo con solera como é o CD As Pontes.

Polo demais, a Costa mira tamén o comezo das diversificadas liguillas de ascenso á Preferente. Baio e Mazaricos, tralas inertes polémicas, comezan a fase en casa recibindo ao Cidade de Ribeira e ao Unión.
Continúan tamén os equipos costeiros na loita pola permanencia na 1ª.

Ademais, a 3ª segue paseniña na súa segunda fase.

Non podemos esquecer ademais o comezo das eliminatorias de Xuvenís e Infantís, que tamén repasamos polo miúdo.

Comentarios