Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Razo proclamouse campión da Copa da Costa de Veteranos

Razo campion da Copa da Costa Veteranos 2023
Razo celebrando o título de campión da Copa da Costa Veteranos 2023
O Razo proclamouse campión da Copa da Costa de Veteranos

Moito público achegouse este domingo ao campo das Pedreiras, o campo do San Lorenzo de Verdillo, para presenciar o partido da final de Copa da Costa de Veteranos. A organización desta final foi coincedida o San Lorenzo de Verdillo, onde a Directiva, co seu Presidente, José Gómez, á cabeza, acompañado por outros moitos mais directivos e axudantes, fixeron que esta final estivera no máis alto, brindando a todos os asistentes con pinchos de churrasco, chourizos, panceta... Unha festa de final de veteranos e un 10 para organización.

No deportivo, xa se dera unha gran sorpresa, xa que quedaron eliminados os dous equipos favoritos, o campión de Liga, o San Lorenzo, e o subcampión, o San Román, que acompañados co Zas ou Arasolis, saían como os favoritos a gañar esta competición.

O Razo, para xogar esta final deixou fóra na primeira ronda ao Bértoa ao gañar por 2-0, en oitavos impúxose ao Corme por un contendente 5-1; en cuartos de final a todo un gran equipo como o Arasolis que antes eliminara ao propio San Roman (Razo - Arasolis 3-1); e en semifinais este Razo gañou ao Nantón por 2-0 e se plantou na final.

Pola súa parte, o San Ramón chegaban tras eliminar na primeira ronda ao Dumbria por 1-0; en Oitavos ao Malpica por 4-0; en cuartos de final deixou fóra a Castriz por 1-0, e en semis ao Buño por 4-3 para chegar á final.

Razo - San Román (0-0)

Razo de Veteranos 2023

  • Razo:: Carlos, Bello, Gustavo (capitán), Cambón, Jose Manuel, Cancela, Víctor; Docampo, Felipe; García, Castro, Jose; Martín, Brayan, Torres, Noya, Ousinde, España; Diego, Suárez, Varela e Lista.

San Ramon Veteranos 2023

  • San Ramón: Esteban, Caamaño, Nazareno, Castro, Cotelo, Óscar, Alfonso, Diop, Borja, Jose Manuel, Maceiras, Esmorís, Pallas, Pedreira, Ponte, e Cristian. Non puderon xogar esta final por estar lesionados Rizos e o gran capitán Marcos.

O árbitro do colexio da Coruña Manuel Espasandin Romar estivo acompañado con dous axudantes. Non tivo complicacións para sacalo adiante, só cando faltaba pouco para finalizar o partido mostrou unhas tres amarelas, máis ben polo cansancio que tiñan os xogadores en nunha mañá de calor e a cabeza ía pero as pernas non podían.

A final tivo que ir a penaltis despois dos 90 minutos. Chegouse con empate a 5, e á caída no 6º o San Ramón tira por encima do largueiro e o Razo non falla.

Destacados de este partido por parte do Razo o seu capitán Gustavo, e polo San Ramón, Maceiras, que demostrou unha vez máis o gran xogador que sendo o mellor do partido.

Silvia Cancela, Portavoz da Xunta Directiva da Federacion Galega de Fútbol, e Modesto Parga como Delegado na Federación Gallega no Fútbol Veterano fixeron a entrega de Campeón de Copa ao Capitán do Razo Gustavo.

  • Modesto Parga 

Comentarios