Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O San Lorenzo completou a doble festa co título da División de Honra de Veteranos

San Lorenzo de Verdillo Campion da Divison de Honra de Veteranos
O San Lorenzo celebran do o título Campion da Divison de Honra de Veteranos nas Redondas
O San Lorenzo completou a doble festa co título da División de Honra de Veteranos

Menudo domingo para recordar na familia de Verdillo. O 16 de abril de 2023 quedará na memoria dos carballeses, pois se proclamou doble campión da Liga da Costa. Pola tarde era o equipo sénior o que conseguía, por primeira na súa historia, o título de Campión da Liga da Costa, da 2ª Galicia, e celebraba a vitoria no campo de Verdillo.

Antes, pola mañá, o equipo de Veteranos celebraba o título, desta volta nas Redondas, de campión da División de Honra de Veteranos. O equipo carballés repite título, terceiro consecutivo, pois o ano pasado fixo doblete e tamén foi campión na 19/20, antes da pandemia.

Dous goles de Edgar, o último do pichichi da categoría con 35 goles en 22 partidos (polos 28 de Nando do San Román), no m.90, para darlle o título ao cadro carballés, tamén, como o sénior, con dúas xornadas de marxe.

 

Rematou a 1ª: Promoción

A Liga queda practicamente finiquitada, aínda que quedan dúas xornadas para o remate da D.H. Cos xa descendidos Mazaricos e Fisterra, o Leiloio teno negro para salvarse e meter ao San Ramón no descenso.

Mentres, xa acabou a 1ª División, que xa vencera o Oza hai un par de xornadas. Acompaña ao Oza no ascenso o Razo, confirman do a supremacía carballesa este curso na categoría. 
Queda a Promoción na que se enfrontarán:

  • Malpica - Corcoesto
  • Soneira - Nantón

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios