Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Repaso á actualidade do fútbol base costeiro

  • Xa hai 3 campións da primeira fase confirmados e esta fin de semana hai finalísimas en varias categorías.
  • O Dumbría cadete xógase esta fin de semana o pase á fase de ascenso á División de Honra.
Os Miudos campion Prebenxamin
Os Prebenxamíns dos Miúdos proclamábanse este mércores campións do seu grupo no Conco
Repaso á actualidade do fútbol base costeiro

Imos achegándonos á recta final da primeira fase nas ligas de Fútbol Base. E por iso hoxe queremos facer un resumo dende Xuvenís ata Prebenxamíns. Cómpre lembrar que xa temos os primeiros campións, como son o Esteirana Xuvenil (xa cantaron o alirón do seu grupo hai varias semanas), o Outes Infantil (facían o propio vencendo en Cee o pasado 26 de febreiro) e Os Miúdos Infantil, que se proclamaba onte campión do seu grupo vencendo no Conco ao Dumbría.

Pero imos co repaso completo, que hai para todos os gustos, aínda con moitos partidos adiados aínda pendentes por aprazamentos pola pandemia:

Ligas Galegas

Dumbria Cadete en Fontenla
O Dumbría Cadete pode meterse na Fase de Ascenso á División de Honra

Dúas xornadas quedan para o remate das Ligas Galegas, cun gran protagonista. O Dumbría Cadete loitará por meterse na Fase de Ascenso. Malia estar actualmente de 6º, depende de si mesmo para colarse entre os 3 primeiros unha vez que hai tres filiais por diante que non poden ascender. Se vence ou empata ante o Imperátor, ou se non gaña o Amio, meteríase de cheo.

Polo demais, os Dumbrías Xuvenil e Infantil están na zona baixa.n. Tamén o Xallas Cadete está na zona baixa, polo que todos pelexarán por evitar o descenso ás categorías locais en tediosas liguillas arrastrando certa puntuación en función da posición actual.

Xuvenís

Esteirana Campion Xuvenil
Esteirana proclamouse campión de grupo hai varias semanas

Curiosa a situación na que están os Xuvenís, con unha xornada só de marxe para pelexar polas 2 prazas de cada grupo que loitarán en formato eliminatoria a doble volta (1º Gr.A vs 2º Gr.B e 2º Gr.A vs 1º Gr.B), para que un só acceda á Fase de Ascenso á Liga Galega. O gañador costeiro terá que superar dúas eliminatorias cos santiagueses para ascender.

A cousa está tremenda sobre todo no Grupo A. Sofán, Cabana e Xallas teñen 26 puntos cada un, se ben o Corme perdeu todas as opcións ao non pasar do empate no Pinguel. Os dous primeiros enfrontábanse este pasada sábado no Carral pero, a petición do Sofán, adiábase por varios positivos. O Comité decidiu retrasar unha semana a competición, de xeito que este sábado ás 17:00h haberá finalísima no Carral, pendente para o día 19 a última xornada, sen enfrontamentos directos.

No Gr.B, a Esteirana xa cantou o alirón hai semanas, e espera acompañante, que podería ser o Cee, se suma un punto esta tarde de sábado en Arliña, ou o Outes se vence ao Soneira e o Cee cae ante o Muxía.

Cadetes

A Liga Cadete é unificada, e definitiva, polo que o gañador será o que se clasifique directamente para a Fase de Ascenso á Liga Galega, onde terá que superar dúas eliminatorias a doble volta contra os campións de Santiago para conseguir o ascenso.

A falta de 5 xornadas para o remate, o Cee parte con 6 puntos de vantaxe sobre un Outes que ten un partido menos, e aínda cun Outes-Cee dentro de dúas xornadas.

Infantís

O formato de competición infantil é semellante ao Xuvenil. A piques de rematar a primeira fase, dous equipos de cada grupo farán unha fase final eliminatoria a doble volta para meterse na loita polo ascenso cos campións santiagueses.

Os 4 equipos xa están perfilados. Xallas e EFM Vimianzo no Gr.A (este sábado xóganse o título ás 19.00 no municipal, a unha final á que chega o Xallas con 3 puntos máis de vantaxe, pero ao cadro vimiancés bastaríalle gañar por máis dun gol para adiantalo); e Outes e Cee, por esta orde, no Gr.B, unha vez que o cadro da Serra asegurou o título.

Outes campion infantil
Outes campión do seu grupo de Infantil

F8

O Plan Competicional das ligas de F8 é aínda máis complicado. En Alevíns e Benxamíns, pasan os 2 mellores e os 2 mellores terceiros de cada un dos 3 grupos. Estes 8 fan dous grupos de liguilla polo título de 4 equipos, dos que os dous primeiros xogaranse a Final da previa para o Campionato de Galicia.
O resto de clubs xogarán en dous grupos por meterse na Fase Final, a coñecida como Copa da Costa .

En Prebenxamíns, con só 2 grupos en liza, a cousa é distinta. Clasifícanse os 3 primeiros de cada grupo para a loita polo título, que formarán 2 grupos cruzados de 3 equipos, arrastreando a puntuación inicial, nunha liguilla a doble volta, e os dous primeiros enfrontaranse por ir ao Campionato Galego.
O resto de equipos, na loita pola Copa, farán unha liga de 7 xornadas a unha volta, e os dous primeiros se meterán na Fase Final-CopadaCosta cos 6 do grupo polo título.

A partir do día 20 decidiranse os calendarios.

Alevíns

A falta de dúas xornadas, nesta categoría como en Benxamíns,

Con este panorama, o Coristanco e Cabana xóganse o título do Gr.A este sábado ás 17:30h nas Redondas. Os coristanqueses parten con 2 puntos de vantaxe.

No Gr.B, Camariñas, Xallas e Cee están nun pano, con só 3 puntos de distancia entre eles, pero ningún enfrontamento directo, polo que o cadro camariñán parte como favorito.

E no Gr.C, o Concello de Carnota pode cantar o alirón se vence este domingo ás 10:00h en Fisterra e non gaña o Outes (domingo ás 11:00h ante o Dumbría), ao que lle saca 3 puntos.

Benxamíns

3 grupos hai tamén en Benxamíns, tamén con dúas xornadas por diante, e o mesmo formato competicional que en Alevíns. No Gr.A, Cerqueda e Cabana só teñen un punto de diferencia entre ambos a favor dos malpicáns co choque entre ambos pendente para a última xornada en Xaviña.

No G.B, o Cee ten practicamente o primeiro posto asegurado, pois ten 6 puntos máis que o Sofán, ao que se enfronta na última xornada. Este sábado ás 10:30h, poderán celebrar o título se polo menos empatan ante os Miúdos B.

Teno moi semellante o Concello de Carnota no Gr.C, no que aínda hai varios partidos atrasados sen desputar, entre eles o que o enfronta ao seu perseguidor (que podería ser o vindeiro xoves), un Outes que ten 6 puntos menos pero tamén 2 partidos menos, que xogarán este xoves ante Os Miúdos e ante o Fisterra o venres 18.

Prebenxamíns

Dous grupos hai na categoría dos máis peques, tamén afrontando esta fin de semana a xornada 13. Neste caso, o formato é o seguinte: pasan os 3 primeiros de cada grupo, que formarán dous grupos de 3 e o primeiro de cada grupo xogan unha finalísima para meterse

No Gr.A ao Xallas válelle con empatar ou perder de só un gol este sábado ante o Camariñas para celebrar o título.

Como dicíamos, o primeiro campión chegou precisamente no Gr.B. Os Miúdos convertíanse en campións vencendo onte no Conco ao Dumbría.

Todas as táboas de Xuvenís e Infantís en www.futboldacosta.com.

Comentarios