Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A RFGF elimina os arrastres na base onde creará unha nova categoría

Plan Competicion RFGF Futbol base 24-25
A RFGF elimina os arrastres na base onde creará unha nova categoría

Novo Plan de Competición F-11 o que vén de presentar a Real Federación Galega de Fútbol o Plan de Competición para o Fútbol Base, con importantes cambios aprobados para a tempada 24-25.

Os máis importantes é que non haberá limitación provincial e os grupos serán determinados por aspectos xeográficos principalmente. Esta medida provoca que se eliminen os arrastres, xa que a Federación ten previsto eses descensos no plan competicional de inicio de tempada e só descenderán aqueles equipos que ocupen os postos de descenso directo. Salvo aqueles arrastres provocados por categorías nacionais, como a División de Honra Xuvenil.”Pero en todo caso é un efecto mínimo, nada que ver co que pasa na actualidade”, aeguran.

Ademais, na 24/25 crearase unha nova categoría en xuvenís, cadetes e infantís, conformada por 4 grupos, por debaixo da Liga Galega para “poñer fin ao atasco que se estaba producindo nalgunhas delegacións federativas, resultando case imposible acadar o ascenso a ligas galegas e resultando imposible premiar aos campións de liga.
Todos os grupos serán de 16 equipos.

Esta tempada

Esta tempada, os grupos de 18 darán comezo a fin de semana do 9-10 de setembro, mentras que os de 16 farano a fin de semana seguinte (16-17 de setembro).

Comentarios