Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Porteño é finalmente Campión da Copa da Costa duns Veteranos que preparan o salto á Federación

O Porteño é finalmente Campión da Copa da Costa duns Veteranos que preparan o salto á Federación

A de onte foi unha importante Asemblea do futbol veteranos Celebrábase onte unha importante asemblea no local social de Neaño, en Cabana, dos clubs das Ligas de Veteranos do Fútbol da Costa. Dous puntos destacaban na orde do día, un sobre a final da COpa e outro sobre a posible integración dos clubs nas competicións federativas.

Porteño, Campión de Copa

Diploma que acredita ao Porteno como novo campion da Copa da COsta de Veteranos Hai 15 xa que Porteño e Club do Mar disputaban a final da Copa da Costa de Veteranos, que vencía o Club do Mar por 3-2. O Porteño presentaba reclamación pos suposta aliñación indebida do Club do Mar poucos días despois, ás que o club caionés respondeu cun silencio, que obriga ao Comité a aceptar a reclamación e nomear novo campión da Copa da Costa de Veteranos ao Porteño. O Club do Mar, que presentara ata 4 xogadores disputando a final con fichas que non eran as súas, terá que entregar o trofeo no prazo dunha semana.

Posible integración na Federación

O punto máis importante da sesión, que puido decidir o futuro do Fútbol Veterano costeiro, trataba sobre a posible integración das ligas na Real Federación Galega de Fútbol. Tras varios anos de intentonas por parte da Federación, o fútbol costeiro mantívose fiel á Asociación de Fútbol de Veteranos da Costa, que leva 16 anos organizando unha Liga cada vez máis bonita. Nese sentido, parece común o respecto de todos os clubs pola labor dos Modesto Parga, Antonio Cotelo, Manuel Vidal, Carlos Allo e Sebastiá0n Freire, entre outros. Pero este ano parece inevitable a integración nas ligas federadas. Xa a semana pasada 14 equipos confirmaban a súa integración á Federación. Así llo ratificaban 11 equipos na asemblea ao Comité (houbo bastantes equipos que non acodiron á cita), quedando só do lado da Asociación 5 equipos (Cabana, Ponteceso, San Román, San Lorenzo e Castriz), mentres que hai outra serie de equipos que aínda non decidiron. Todos coinciden, en todo caso, en que "non se deberían romper estas ligas tan bonitas", como recoñece o propio Parga. Clave se presenta a reunión da vindeira semana (o vindeiro venres ás 20:30 na sede da RFGF en Baio) coa Real Federación Galega de Fútbol, na que se podería ratificar o paso.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-campion-da-copa-da-costa-de-veteranos-fica-a-espera-dunha-reclamacion-por-posible-alinacion-indebida/ https://quepasanacosta.gal/14-equipos-de-veteranos-confirman-a-sua-integracion-nas-competicions-da-federacion/

Comentarios