A SDC Lariño asómase á 3ª Galicia 35 anos despois

Estas poderían ser as novas camisetas do SDC Lariño

Vai collendo forma a 3ª Galicia da Costa, coa incorporación de novos equipos. Ademais, da inscrición da segura do Xallas B, e as máis que probables do Atlético Pereiriña e o Outes B, hai novo proxecto ao carón do que será o novo Hotel Faro de Lariño.

Será complicado recuperar para a competición o histórico campo de Punta Insua, pero o proxecto da volta á competición do SCD Lariño vai en serio. Foise cocendo a lume lento dende hai uns meses polas redes sociais, e dada a boa acollida da páxina SCD Lariño Punta Insua o grupo promotor dá un paso adiante.

Este sábado 13 de xuño ás 19:30 celebrarase unha xuntanza no Centro Social José de Torea, cunha sesión informativa e esperando que haia máis xente que se queira unir para traballar polo club.

O proxecto está tan avanzado que xa teñen o perfil das camisetas, de raias brancas e amarelas, seguindo as cores históricas dun club que non compite dende 1986.


Foto dun partido histórico do SDC Lariño recuperada nas redes sociais


Estado actual do campo de Punta Insua

Novas de Fútbol Confinado