Venres. 19.04.2024
El tiempo

Por un plan de futuro para a 3ª Galicia

Camelle-Corcubion no Rodeiro
Imaxe dun partido deste ano entre Camelle-Corcubion no Rodeiro
Por un plan de futuro para a 3ª Galicia

A 3ª Galega, a liga que máis está sufrindo nos últimos anos despois da creación dun grupo máis da 1ª Galicia, necesita un plan de futuro. Só un plan de verdade, á 4-5 anos vista, que podería estar enmarcado nunha reestruturación de todo o fútbol afeccionado galego, como xa ten avanzando a RFGF e recoñecía Corredoira no faladoiro do pasado mércores, permitirá salvar a 3ª

Porque a situación que leva arrastrando o grupo costeiro da 3ª (con 8-10-12 equipos desde a temporada 2012/2013) é algo que se repite en case todos os grupos galegos.

Unha reestruturación necesaria para non depender das posibles sorpresas de cada curso. No caso da 2020/2021 poden ser dous filiais os que salven a temporada. Pero estes filiais non ofrecen unha estabilidade, polo que o curso que vén volveríamos cos mesmos problemas.

Unha situación da que son conscientes os clásicos da 3ª costeira, que levan anos trasladándolle a súa preocupación á Real Federación Galega de Fútbol. Varios equipos van deixando claro que con menos de 10 equipos non sairían a competir, “porque non dan as contas”, polo que piden que haia un mínimo de 12 equipos, e se non os hai, que se unificaran coa 2ª Galicia en dous grupos (como de feito xa vai acontecer o curso que vén).
Os equipos non queren andar con ”parches ano tras ano” e pensan, por exemplo que nos vindeiros anos haia máis descensos que ascenso, e que, se cara, houbese promocións entre o últimos de 2ª e os primeiros de 3ª, para ir equilibrando a categoría.

En calquera caso, esta situación extraordinaria á que nos enfrontamos, pode servir de punto de inflexión, para parar e artellar un Plan completo, cun programa de descensos polo menos dende a Preferente, pero sobre todo incidindo nun cambio estrutural da 1ª Galicia, que permita que en 4 ou 5 anos as ligas estean moito máis equilibradas.

Novas de Fútbol Confinado

Comentarios