Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xallas e Outes formulan a posibilidade de incluir equipos B

Outes e Montelouro no Cunchido-Foto-Edu Olveira
Imaxe do Outes e Montelouro no Cunchido desta temporada-Foto-Edu Olveira
Xallas e Outes formulan a posibilidade de incluir equipos B

Esta semana coñeceremos a resolución da RFGF sobre como quedarán as competicións. Unha das ligas que máis pendente está dos ascensos é a 3ª Galicia.

Sen dencesos dende a 2ª, e cos ascensos asegurados de Camariñas e Outes, e o máis que posible ascenso dun terceiro equipo, e incluso dalgún máis, a categoría fica pendente de posibles novidades para completarse. O pasado mes de marzo anunciabamos a intención de volver á competición do Atl. Pereiriña, e a estas alturas de maio podemos contar tamén que hai dous equipos históricos que formulan a posibilidade de facer un filial: Xallas e Outes.

Por Santa Comba, tiñan a idea de facer un Xallas B para a vindeira campaña. De momento a directiva mantén esa idea, pero sempre pendentes de ver como se sae desta pandemia.

En Outes, fan contas e para o curso que vén teñen case 40 xogadores, polo que malia que “de momento, non hai nada, a opción esta aí”.

Unha situación que deixaría unha 3ª de novo con arredor 11 equipos, unha liga corta como prefire a Federación.

 

Novas relacionadas

Comentarios